10M | Galiza independente, coa clase obreira á fronte

10 de Marzo. Día da clase obreira galega.

O 10 de marzo lembramos a represión franquista contra as greves do 72 e o asasinato de Amador e Daniel. Porén, esta data vai máis alá, tendo un fondo contido nacional e de clase.

O 10 de marzo expresa a estreita ligazón da loita nacional e a loita de clases na Galiza, xa que é naquel momento, nos anos 70, ao agudizarse a loita de clases, cando emerxe o nacionalismo popular galego, aplicando o marxismo á realidade dunha nación asoballada como a nosa.

Na actualidade, debemos seguir o fío vermello da nosa historia, defendendo o papel dirixente que lle corresponde ao proletariado galego no proceso de liberación nacional, fronte ás vacilacións das “capas medias” e para garantir que o proceso vaia dirixido cara ao socialismo.

Na Galiza, a contradición nacional é a contradición principal, sen deixar de conter antagonismos de clase no seu interior, polo que a clase obreira non debe diluírse como suxeito, senón situarse á fronte do movemento nacional-popular galego e as súas alianzas de clases.

Ao mesmo tempo, tamén debemos desbotar aquelas apelacións a unha “loita de clases pura”, disociada do noso marco nacional, rexeitando as expresións de masas do campo soberanista e popular, así como o propio proceso de liberación nacional como vía cara ao socialismo.

Desde o Movemento Arredista pulamos pola construción dunha organización estratéxica que poida levar o socialismo e o independentismo ás masas, ao mesmo tempo que se nutra da súa experiencia na loita. Sempre co horizonte dunha Galiza independente coa clase obreira á fronte!

Do mesmo xeito, apoiamos as mobilizacións convocadas pola CIG, o noso sindicato nacional e de clase de referencia, co gallo deste 10 de Marzo, para avanzarmos no conflito social fronte á perda de dereitos e o empobrecemento da nosa clase. Coa CIG na rúa, a loita continúa!

Podes consultar aquí as mobilizacións:

Comparte:

As últimas entradas

25X | Acumularmos forzas pola independencia

O conflito nacional galego é un proceso histórico que leva máis dun século acumulando ideas, experiencias e forzas para superar a contradición nacional, a contradición principal que se dá na Galiza e que está atravesada polo antagonismo de clases de forma indisolúbel. Desde a Revolución de 1846, influída polo socialismo utópico da altura, até a

Avanzarmos no confronto contra España e o imperialismo

Fronte ao desfile do exército español en Vigo deste Sábado 30 de Maio, desde o Movemento Arredista adherimos á manifestación nacional convocada pola plataforma Galiza pola paz, en rexeitamento de dito acto de exhibición do militarismo españolista por parte das forzas de ocupación, que tamén fica encadrado dentro da escalada bélica promovida polo bloque imperialista.

Até sempre, camarada Antolín

Desde o Movemento Arredista queremos manifestar o noso profundo pesar polo falecemento de Antolín Alcántara, unha das grandes referencias do  nacionalismo galego e un militante exemplar que consagrou toda a súa vida á defensa da clase obreira, da xustiza social e da liberación nacional da Galiza. Alén de polo seu labor sindicalista e para co

17M | Independência nacional para umha língua plena

A fenda linguística que sofremos, com a perda constante de espaços de uso e de novos falantes, é consequência direta da nossa falta de soberania. O galego leva décadas resistindo num marco estatal que o condena à subordinaçom permanente. O autonomismo demonstrou ser um instrumento de castelhanizaçom desde os seus inícios, o que supujo ter