8M | Contra o fascismo e o patriarcado: combater até vencer!

Cando a cara máis terríbel da burguesía, o fascismo, sae á luz son os nosos dereitos como mulleres desposuídas os primeiros en ser negados e cuestionados. Os nosos corpos e as nosas vidas convértense en escenario fundamental de loita de clases: sobre nós opínase, lexíslase, imponse unha normatividade reaccionaria e exércense as formas máis cruentas de violencia.

As proletarias que levamos sobre nós o peso da reprodución social deste sistema estamos en loita desde todos os pobos do mundo. En Arxentina, pasando polos Estados Unidos ou Alemaña e chegando a Galiza, ás mulleres traballadoras únenos un fío histórico que nos opón ao fascismo e nos fai reafirmarnos politicamente na defensa dos nosos dereitos.

Na Galiza é tarefa das feministas galegas situármonos políticamente fronte á reacción, centralizando o papel que como mulleres exercemos para garantir a vida e cuestionando, tamén na cotiandade, as estruturas patriarcais que nos segregan. Fronte a discursos reaccionarios que tentan dividir ás mulleres traballadoras nós atopamos nas outras a chave fundamental para a nosa liberación.

Por isto, exercemos o noso deber histórico de armarnos todas fronte á violencia do sistema que, nestes tempos, toma forma de fascismo.

Mobilizacións da CIG para este 8 de marzo:

Mobilizacións do feminismo galego para este 8M:

Comparte:

As últimas entradas

25X | Acumularmos forzas pola independencia

O conflito nacional galego é un proceso histórico que leva máis dun século acumulando ideas, experiencias e forzas para superar a contradición nacional, a contradición principal que se dá na Galiza e que está atravesada polo antagonismo de clases de forma indisolúbel. Desde a Revolución de 1846, influída polo socialismo utópico da altura, até a

Avanzarmos no confronto contra España e o imperialismo

Fronte ao desfile do exército español en Vigo deste Sábado 30 de Maio, desde o Movemento Arredista adherimos á manifestación nacional convocada pola plataforma Galiza pola paz, en rexeitamento de dito acto de exhibición do militarismo españolista por parte das forzas de ocupación, que tamén fica encadrado dentro da escalada bélica promovida polo bloque imperialista.

Até sempre, camarada Antolín

Desde o Movemento Arredista queremos manifestar o noso profundo pesar polo falecemento de Antolín Alcántara, unha das grandes referencias do  nacionalismo galego e un militante exemplar que consagrou toda a súa vida á defensa da clase obreira, da xustiza social e da liberación nacional da Galiza. Alén de polo seu labor sindicalista e para co

17M | Independência nacional para umha língua plena

A fenda linguística que sofremos, com a perda constante de espaços de uso e de novos falantes, é consequência direta da nossa falta de soberania. O galego leva décadas resistindo num marco estatal que o condena à subordinaçom permanente. O autonomismo demonstrou ser um instrumento de castelhanizaçom desde os seus inícios, o que supujo ter