Aínda máis peaxes? Paremos os axustes contra o pobo

Este tipo de medidas penalizan especialmente un país como o noso, con grande dispersión poboacional e cun transporte público totalmente insuficiente e degradado tras anos de desleixo e falta de planificación.

O goberno de PSOE e Podemos informou á UE de que, como parte do seu plano de reformas para acceder aos fondos europeos, prevé cobrar por circular nas estradas, comezando polas autovías que até hoxe son gratuítas.

Non podemos permitilo!

Esta medida, disfrazada como “transición ecolóxica”, non é máis que un novo axuste dirixido a reducir o deficit pola vía das receitas neoliberais, na liña das políticas tradicionalmente promovidas pola UE.

A pesar de que o goberno -e Unidas Podemos en particular- repetiu até a saciedade que os fondos para a recuperación non traerían aparellados recortes, este anuncio ou outros anteriores como o da prevista contrareforma das pensións non fan máis que confirmar que mentiron.

A necesaria redución do uso do vehículo privado non pode pasar por impor novos e inxustos impostos indirectos que afectarán especialmente aos sectores populares, senón por reforzar un servizo de transporte público realmente accesíbel e de calidade.

Este tipo de medidas penalizan especialmente un país como o noso, con grande dispersión poboacional e cun transporte público totalmente insuficiente e degradado tras anos de desleixo e falta de planificación.

A única forma de parar este e outros ataques que virán é organizarnos e mobilizarnos contra os axustes que, de novo, pretenden que sexamos a clase traballadora quen paguemos a crise.

Loitando, podemos paralos!

Comparte:

As últimas entradas

25X | Acumularmos forzas pola independencia

O conflito nacional galego é un proceso histórico que leva máis dun século acumulando ideas, experiencias e forzas para superar a contradición nacional, a contradición principal que se dá na Galiza e que está atravesada polo antagonismo de clases de forma indisolúbel. Desde a Revolución de 1846, influída polo socialismo utópico da altura, até a

Avanzarmos no confronto contra España e o imperialismo

Fronte ao desfile do exército español en Vigo deste Sábado 30 de Maio, desde o Movemento Arredista adherimos á manifestación nacional convocada pola plataforma Galiza pola paz, en rexeitamento de dito acto de exhibición do militarismo españolista por parte das forzas de ocupación, que tamén fica encadrado dentro da escalada bélica promovida polo bloque imperialista.

Até sempre, camarada Antolín

Desde o Movemento Arredista queremos manifestar o noso profundo pesar polo falecemento de Antolín Alcántara, unha das grandes referencias do  nacionalismo galego e un militante exemplar que consagrou toda a súa vida á defensa da clase obreira, da xustiza social e da liberación nacional da Galiza. Alén de polo seu labor sindicalista e para co

17M | Independência nacional para umha língua plena

A fenda linguística que sofremos, com a perda constante de espaços de uso e de novos falantes, é consequência direta da nossa falta de soberania. O galego leva décadas resistindo num marco estatal que o condena à subordinaçom permanente. O autonomismo demonstrou ser um instrumento de castelhanizaçom desde os seus inícios, o que supujo ter