Charla-coloquio: O camiño catalán á independencia.

Charla coloquio coa presenza de Guillem Fuster i Usas portavoz nacional de Poble Lliure e membro do Goberno del Consell per la República co exilio. Venres 18 ás 20h no L.S.Faísca (Vigo)

O vindeiro venres 18 de febreiro organisamos unha charla coloquio coa presenza de Guillem Fuster i Usas portavoz nacional de Poble Lliure e membro do Goberno del Consell per la República co exilio para coñecer en que situación se atopa a loita pola independencia en Catalunya.

Achégate a coñecer a análise que a esquerda independentista realiza da situación actual e os camiños polos que aposta.

? Venres 18 de febreiro
?20h
?L. S. Faísca (Rúa Tolero 9, Vigo) https://goo.gl/maps/dxMvYk2QvdkMfnPdA

Comparte:

As últimas entradas

Comunicado fronte á inxerencia imperialista na Venezuela

Fronte á inxerencia imperialista na Venezuela

Desde o Movemento Arredista denunciamos con toda a nosa firmeza máis unha inxerencia do imperialismo o pasado 3 de xaneiro na América Latina co secuestro do presidente da República Bolivariana de Venezuela, Nicolás Maduro, e da expresidenta da Asemblea Nacional, Cilia Flores, e o asasinato de cerca de 80 persoas; 32 delas recoñecidos combatentes das

Venezuela non se rende

Venezuela non se rende

Solidariedade coa Venezuela bolivariana fronte ao imperialismo! Desde o inicio do proceso bolivariano en Venezuela en 1998 con Hugo Chávez á fronte e despois con Nicolás Maduro a partir de 2013, foron múltiples e variados os mecanismos empregados polo imperialismo, cos EUA á cabeza, xunto cos seus axentes internos no país, para agrediren e afogaren

Moncho Reboiras Vive! | Crónica

O Movemento Arredista celebrou este 12 de agosto pola mañá en Imo a figura de Moncho Reboiras no acto conxunto organizado polo 50 cabodano do seu asasinato por parte da policia franquista en Ferrol. Xunto a outras forzas políticas, a CIG, e as fundacións do nacionalismo galego, militantes arredistas acompañaron o numeroso acto no que

Moncho Reboiras vive!

O vindeiro 12 de agosto reivindicaremos o exemplo militante do Moncho Reboiras con 2 homenaxes nacionais polo 50⁰ cabodano do seu asasinato. ➡️ Ás 12:00 participaremos da homenaxe nacional unitaria en Imo. ➡️ Ás 19:00 organizamos unha homenaxe nacional en Vigo, na que participarán: Ademais, contaremos coa actuación musical de Pauliña.