Comeza a camiñar o Movemento Arredista

Unha representación da Mesa Nacional do Movemento Arredista, poñemos voz ao conxunto da nosa militancia para apresentar o proxecto que desde xa comeza a camiñar de forma pública.

Hoxe, unha representación da Mesa Nacional desta nova organización, o Movemento Arredista, poñemos voz ao conxunto da nosa militancia para apresentar o proxecto que desde xa comeza a camiñar de forma pública.

A pesar das dificuldades que a situación impón á participación política, nos últimos meses insistimos en desenvolver o proceso constituínte “Sumarmos forzas pola ruptura” que lanzábamos en outubro do ano pasado. Desde entón, celebramos ducias de encontros, reunións e debates por todo o país, presenciais ou virtuais, co fin de contrastar coa base social do soberanismo a necesidade deste espazo político e as súas prioridades para os próximos anos.

Sabíamos que son tempos complicados para lanzar unha iniciativa como esta, pero se teimamos en sacala adiante a pesar de todo é porque pensamos que, precisamente, agora máis que nunca cómpre organizarse para dar unha resposta que permita evitar que o noso pobo e a nosa clase saian derrotadas desta nova crise.

Así, o pasado 28 de febreiro celebrábamos a nosa Asemblea Nacional Constituínte, onde aprobamos as nosas liñas ideolóxicas e organizativas, os nosos fundamentos, obxectivos e prioridades políticas. Igualmente, escollemos o nome desta nova organización e a súa Mesa Nacional.

A avaliación que facemos deste proceso é positiva, pois conseguimos cumprir en boa medida os obxectivos que nos marcávamos ao lanzalo: fomentar o debate no seo do soberanismo e potenciar no seu seo este espazo político abertamente independentista, que aposte polo socialismo e que sexa consecuentemente feminista. Contamos agora con maís militantes, máis ideas e máis forzas para desenvolver o noso proxecto político e intervir socialmente.

Nun momento político de incertezas, cunha xestión neoliberal da crise sanitaria e económica que ameaza as nosas vidas e ensina as costuras dun sistema que non dá valor á vida, é momento de reforzar a nosa análise anticapitalista e sumar forzas para aumentar a consciencia do noso pobo no camiño da construción da República Galega.

Contamos agora con maís militantes, máis ideas e máis forzas para desenvolver o noso proxecto político e intervir socialmente.

Hoxe a crise sanitaria amosou que o capitalismo é un sistema hostil á vida das persoas, que todo o peso do sustento do sistema recae na clase traballadora e moi especialmente nas mulleres. Que organizarse é a única maneira de facer fronte á destrución que produce este sistema criminal e que facelo en chave soberanista é o único camiño para a ruptura cun Estado e un réxime do 78 cada vez máis antidemocrático, construíndo pobos libres donos do seu futuro.

Queremos ser unha organización estratéxica, con vocación revolucionaria e centrada na construción de poder popular desde a base. Que desde as súas posicións e con voz propia aposte na suma de forzas e a unidade de acción, reforzando os espazos frentistas e de masas que permitan avanzar ao noso pobo, particularmente o BNG e a CIG. Que entenda o traballo institucional como un medio para a transformación social e a liberación nacional, e non como un fin en si mesmo. Que priorice a organización social, a mobilización e a acumulación de forzas a todos os niveis como vectores fundamentais de transformación.

Somos un colectivo baseado na militancia e no compromiso, máis flexíbel á hora de acoller as diversas formas de implicación que a crecente precariedade das nosas vidas nos impón.

Co nome que escolleu, a nosa militancia quere reivindicar a traxectoria daqueles soberanistas que, hai xusto agora un século, asumían sen complexos o horizonte dunha República Galega independente Aquelas militantes que por primeira vez se reivindicaron xa nos anos 20 como arredistas, como independentistas, encarnaban unha coherencia e unha audacia que neste momento consideramos máis necesaria que nunca.

Presentamos hoxe tamén o noso logotipo, que complementa graficamente a reivindicación nacional do noso nome coa reivindicación social que entendemos indisociábel. Por iso utilizamos a bandeira vermella, o máis antigo símbolo da clase traballadora que hai xusto 150 anos a Comuna de París converteu xa para sempre en emblema da loita polo socialismo.

Co nome que escolleu, a nosa militancia quere reivindicar a traxectoria daqueles soberanistas que, hai xusto agora un século, asumían sen complexos o horizonte dunha República Galega independente

Non podemos permitirnos o luxo de renunciar ás nosas aspiracións nin de adialas indefinidamente, queremos que o camiño sexa parte da transformación pola que loitamos e traballamos. Que cada paso que damos constrúa o horizonte cara o que camiñamos. Que a independencia, o socialismo e o feminismo sexan non só aquelo ao que aspiramos, senón aquelo que construímos no noso día a día.

Con conviccións firmes, cos pes na terra e coa certeza de que nos organizamos para construír aqui e agora unha humanidade mellor e unha vida máis digna para todas, continuamos erguendo as bandeiras de rebeldía que farán deste, ese outro mundo posíbel que arelamos.

Logotipo do Movemento Arredista
Resumo presentación do Movemento Arredista

Comparte:

As últimas entradas

Comunicado fronte á inxerencia imperialista na Venezuela

Fronte á inxerencia imperialista na Venezuela

Desde o Movemento Arredista denunciamos con toda a nosa firmeza máis unha inxerencia do imperialismo o pasado 3 de xaneiro na América Latina co secuestro do presidente da República Bolivariana de Venezuela, Nicolás Maduro, e da expresidenta da Asemblea Nacional, Cilia Flores, e o asasinato de cerca de 80 persoas; 32 delas recoñecidos combatentes das

Venezuela non se rende

Venezuela non se rende

Solidariedade coa Venezuela bolivariana fronte ao imperialismo! Desde o inicio do proceso bolivariano en Venezuela en 1998 con Hugo Chávez á fronte e despois con Nicolás Maduro a partir de 2013, foron múltiples e variados os mecanismos empregados polo imperialismo, cos EUA á cabeza, xunto cos seus axentes internos no país, para agrediren e afogaren

Moncho Reboiras Vive! | Crónica

O Movemento Arredista celebrou este 12 de agosto pola mañá en Imo a figura de Moncho Reboiras no acto conxunto organizado polo 50 cabodano do seu asasinato por parte da policia franquista en Ferrol. Xunto a outras forzas políticas, a CIG, e as fundacións do nacionalismo galego, militantes arredistas acompañaron o numeroso acto no que

Moncho Reboiras vive!

O vindeiro 12 de agosto reivindicaremos o exemplo militante do Moncho Reboiras con 2 homenaxes nacionais polo 50⁰ cabodano do seu asasinato. ➡️ Ás 12:00 participaremos da homenaxe nacional unitaria en Imo. ➡️ Ás 19:00 organizamos unha homenaxe nacional en Vigo, na que participarán: Ademais, contaremos coa actuación musical de Pauliña.