Comunicado sobre a guerra na Ucrania

Comunicado do Movemento Arredista en relación á guerra na Ucrania.

Desde o Movemento Arredista rexeitamos as accións militares dos últimos días na Ucrania e que supoñen unha escalada inaceitábel nun conflito armado que se foi fraguando nos últimos anos, coa indiferencia ou apoio de moitos dos que agora manifestan as súas cínicas condenas. Este conflito adquire hoxe un nivel superior e máis grave cos bombardeos e a intervención militar rusa, que denunciamos, mais non pode ser analizado sen considerar as súas orixes: o golpe de estado de 2014 que impuxo un réxime que persigue as minorías e as organizacións de esquerda, os ataques sistemáticos contra o Donbas que provocaron miles de vítimas civís e o empoderamento de grupos de extrema direita que cometeron numerosas atrocidades como a masacre de Odesa. Hoxe estala xa nunha guerra de dimensións moi perigosas e contra a que nos manifestamos de forma firme.

Isto non nos impide lembrar que as potencias da OTAN xogaron un papel catalizador do conflito desde o seu primeiro momento, apoiando e lexitimando o golpe e armando milicias fascistas, mais tamén incumprindo todas as súas promesas e compromisos en relación á súa ampliación cara ao leste e o cerco a Rusia. Este bloque militar, a pesar de non existir xa a razón que o xustificou e de declararse formalmente como unha alianza “defensiva”, protagonizou e apoiou numerosas agresións militares nas últimas décadas. Por iso, as súas condenas e lamentos hoxe son dunha hipocresía intolerábel.

O noso papel, como sempre, debe ser denunciar todas as agresións militares, opornos á guerra e defender a solución pacífica dos conflitos, a paz e a soberanía dos pobos. Facemolo coa lexitimidade de quen sempre tomou esa postura en todo lugar, tamén denunciando durante anos os ataques do exército ucraniano contra a poboación civil. Por iso, a nosa irrenunciábel posición internacionalista esíxenos non dar nengún apoio á guerra, ás inxerencias e ao imperialismo en nengunha das súa formas. Porén, temos claro cal é a nosa tarefa principal: estando inseridos no bloque atlantista que xogou un papel chave neste e tantos outros conflitos, a nosa prioridade é combater a OTAN e o Estado Español, debilitando o imperialismo aquí e agora tanto como podamos.

Comparte:

As últimas entradas

Avanzarmos no confronto contra España e o imperialismo

Fronte ao desfile do exército español en Vigo deste Sábado 30 de Maio, desde o Movemento Arredista adherimos á manifestación nacional convocada pola plataforma Galiza pola paz, en rexeitamento de dito acto de exhibición do militarismo españolista por parte das forzas de ocupación, que tamén fica encadrado dentro da escalada bélica promovida polo bloque imperialista.

Até sempre, camarada Antolín

Desde o Movemento Arredista queremos manifestar o noso profundo pesar polo falecemento de Antolín Alcántara, unha das grandes referencias do  nacionalismo galego e un militante exemplar que consagrou toda a súa vida á defensa da clase obreira, da xustiza social e da liberación nacional da Galiza. Alén de polo seu labor sindicalista e para co

17M | Independência nacional para umha língua plena

A fenda linguística que sofremos, com a perda constante de espaços de uso e de novos falantes, é consequência direta da nossa falta de soberania. O galego leva décadas resistindo num marco estatal que o condena à subordinaçom permanente. O autonomismo demonstrou ser um instrumento de castelhanizaçom desde os seus inícios, o que supujo ter

1M | Facer posíbel o imposíbel

No 1º de Maio, “Dia Internacional da Clase Obreira”, non podemos comezar sen renderlle homenaxe ás milleiros de persoas traballadoras que, hai xa 140 anos, se mobilizaron polas rúas de Chicago para loitar pola xornada laboral de 40 horas, pola dignificación das condicións laborais, pola superación da espoliación, en definitiva para dignificar as condicións da