Confrontemos o patriarcado con organización

A alianza patriarcado-capitalismo coloca a vida das mulleres ao servizo do mercado, precarízannos e empobrécennos a vontade do sistema económico, para a acumlación mas tamén para a reprodución dun orde social que precisa de traballo non pagado para o sostén da vida. Coas múltiples violencias disciplínannos para poder manter o control sobre as nosas vidas e que sexan funcionais a un sistema criminal no que a vida non ten valor.. 

Explotadas e agredidas sob ameaza de estigma ou exclusión a alianza patriarcado-capitalismo quérenos desorganizadas, procurando vías de supervivencia e construción individuais, isoladas unhas das outras e en permanente competencia. 

Precarizadas e isoladas a alianza patriarcado-capitalismo carga sobre nós o traballo de reprodución da vida, remunerado e non, e repoduce sobre os nosos corpos violencias máis e menos explícitas que condicionan a nosa existencia e participación social. 

Xornadas extenuantes de traballo remunerado máis xornadas extenuantes de traballo non remunerado, violencias sociais, xudiciais, económicas e agresións de todo tipo sobre os nosos corpos contribúen a debilitar e mesmo imposibilitar a nosa participación e organización. 

Por iso organizarse é máis importante cada día, vainos a vida en procurar formas de facelo nun contexto de máxima explotación no que sabemos que imos ser as mulleres as máis castigadas. Debemos procurar tempos para a reflexión, a formación, o debate e acción política, organizarnos e construír unha resposta que faga fronte ás lóxicas do capitalismo e do patriarcado para construír unha sociedade xusta, que non deite sobre as mulleres o sostén da vida, que nos permita vivir libres de violencias, que nos faga pasar á ofensiva.

Militar nun feminismo socialista é para nós a forma máis eficaz de combater a alianza patriarcado-capitalismo. Só organizadas somos quen de dar a batalla polas nosas vidas. 

Organízate con nós! 

Comparte:

As últimas entradas

25X | Acumularmos forzas pola independencia

O conflito nacional galego é un proceso histórico que leva máis dun século acumulando ideas, experiencias e forzas para superar a contradición nacional, a contradición principal que se dá na Galiza e que está atravesada polo antagonismo de clases de forma indisolúbel. Desde a Revolución de 1846, influída polo socialismo utópico da altura, até a

Avanzarmos no confronto contra España e o imperialismo

Fronte ao desfile do exército español en Vigo deste Sábado 30 de Maio, desde o Movemento Arredista adherimos á manifestación nacional convocada pola plataforma Galiza pola paz, en rexeitamento de dito acto de exhibición do militarismo españolista por parte das forzas de ocupación, que tamén fica encadrado dentro da escalada bélica promovida polo bloque imperialista.

Até sempre, camarada Antolín

Desde o Movemento Arredista queremos manifestar o noso profundo pesar polo falecemento de Antolín Alcántara, unha das grandes referencias do  nacionalismo galego e un militante exemplar que consagrou toda a súa vida á defensa da clase obreira, da xustiza social e da liberación nacional da Galiza. Alén de polo seu labor sindicalista e para co

17M | Independência nacional para umha língua plena

A fenda linguística que sofremos, com a perda constante de espaços de uso e de novos falantes, é consequência direta da nossa falta de soberania. O galego leva décadas resistindo num marco estatal que o condena à subordinaçom permanente. O autonomismo demonstrou ser um instrumento de castelhanizaçom desde os seus inícios, o que supujo ter