Contra a agresión imperialista ao Irán

O Movemento Arredista amosa o seu completo rexeitamento aos ataques militares que, desde a mañá do 28 de Febreiro, lanzaron sobre o Irán as forzas imperialistas dos Estados Unidos de Norteamérica, xunto coas do seu posto avanzado da entidade sionista de “Israel”. 

Denunciamos nos termos máis graves o asalto traizoeiro contra o Irán, un ataque que se produce novamente mentres o Irán estaba sentado na mesa de negociacións. Foron atinxidos polas bombas imperialistas numerosos obxectivos fundamentalmente infraestrutura civil e sanitaria. Especial mención merece o deliberado bombardeamento dunha escola infantil feminina repleta de estudantes e docentes, contándose até agora máis de 140 vítimas mortais, ou o ataque a un pavillón deportivo en que perdían a vida 20 xogadoras de voleibol. É esta unha acción terrorista que deixa claro o falso discurso sobre o Irán e os dereitos das mulleres, que o imperialismo ergue como falsa coartada para atacar unha nación soberana. 

Ningún dereito asiste os atacantes a bombardear o Irán e asasinar o seu xefe de Estado, o Líder Supremo Sayed Ali Khamenei. Con este atentado, a mensaxe que os imperialistas envían é a de que ninguén está a salvo, a de que ninguén no planeta pode facerlles frente. Engánanse os imperialistas, pois lonxe de amedrentar os pobos da Asia Ocidental, este asasinato só vai inflamar máis os ánimos de millóns de persoas contra a ocupación colonial. 

A normalización do xenocidio do pobo palestino que o imperialismo e os seus conglomerados mediáticos levaron a cabo nos últimos anos, abriu paso agora a unha nova fase. Nesta fase, de terríbel cinismo, arróganse o dereito a secuestrar ou a asasinar xefes de Estado de países incómodos aos seus intereses.

Expoñen o mundo enteiro ao risco dunha grande deflagración e a un empeoramento significativo das condicións de vida ante a carestía que a mesma ameaza con desatar. A primeira proba témola no peche do estreito de Hormuz por parte da República Islámica, un paso que polo que transita diariamente o 25% do petróleo mundial. 

Cumpre lembrar o que representa globalmente a República Islámica do Irán, como cabeza e peza central do chamado Eixo da Resistencia anticolonial na Asia Occidental. O Irán é o único estado que apoiou economica e militarmente a resistencia contra o sionismo na Palestina e en toda a rexión, converténdose no sustento fundamental das faccións palestinianas. É o único estado do mundo que contempla unha despesa orzamentaria oficial dedicada ao apoio da resistencia palestiniana. A súa determinación en manter un rumo soberano representa un choque dialéctico cos planos imperialistas para a rexión, destinados a provocar o caos, a fragmentación, a destrución de forzas produtivas e a implantación do dominio militar occidental para soster unha imparábel queda das taxas de lucro do Capital. 

Como comunistas e independentistas galegas, mostramos a nosa plena solidariedade co Irán, co seu pobo e o seu Estado, con todas as forzas que na Asia Occidental e no mundo, plantan batalla día a día ao imperialismo desde a periferia mundial. 

A nosa loita pola independencia e a soberanía, a organización da solidariedade antiimperialista nun país periférico dentro do campo imperialista, son o maior contributo que como revolucionarias podemos achegar a esta loita global pola liberación.

Abaixo o Sionismo, abaixo o Imperialismo!

Galiza co Irán!

Comparte:

As últimas entradas

25X | Acumularmos forzas pola independencia

O conflito nacional galego é un proceso histórico que leva máis dun século acumulando ideas, experiencias e forzas para superar a contradición nacional, a contradición principal que se dá na Galiza e que está atravesada polo antagonismo de clases de forma indisolúbel. Desde a Revolución de 1846, influída polo socialismo utópico da altura, até a

Avanzarmos no confronto contra España e o imperialismo

Fronte ao desfile do exército español en Vigo deste Sábado 30 de Maio, desde o Movemento Arredista adherimos á manifestación nacional convocada pola plataforma Galiza pola paz, en rexeitamento de dito acto de exhibición do militarismo españolista por parte das forzas de ocupación, que tamén fica encadrado dentro da escalada bélica promovida polo bloque imperialista.

Até sempre, camarada Antolín

Desde o Movemento Arredista queremos manifestar o noso profundo pesar polo falecemento de Antolín Alcántara, unha das grandes referencias do  nacionalismo galego e un militante exemplar que consagrou toda a súa vida á defensa da clase obreira, da xustiza social e da liberación nacional da Galiza. Alén de polo seu labor sindicalista e para co

17M | Independência nacional para umha língua plena

A fenda linguística que sofremos, com a perda constante de espaços de uso e de novos falantes, é consequência direta da nossa falta de soberania. O galego leva décadas resistindo num marco estatal que o condena à subordinaçom permanente. O autonomismo demonstrou ser um instrumento de castelhanizaçom desde os seus inícios, o que supujo ter