Contra a Unión Europea do capital e da guerra: soberanía e xustiza social

As eleccións europeas son un dos poucos momentos onde o debate público se centra minimamente no papel que a UE xoga nas nosas vidas. Eis a nosa posición.

As eleccións europeas son un dos poucos momentos onde o debate público se centra minimamente no papel que a UE xoga nas nosas vidas. É por isto que queremos, alén de facer un chamamento a apoiar as candidaturas do BNG-Agora Repúblicas o 9 de xuño, definir un posicionamento claro sobre o que supón esa institución e as políticas que impón.

As posicións historicamente defendidas polo soberanismo galego definiron correctamente o proceso de construción europea como unha ferramenta ao servizo dos intereses das grandes empresas e dos estados para consolidar as dinámicas de acumulación capitalista. Isto tivo duras consecuencias sobre o pobo traballador, especialmente en nacións sen soberanía como a nosa nas que desgrazadamente se confirmaron moitas das peores previsións en relación ao acceso ao mercado común, nomeadamente en relación á desindustrialización e á destrución dos sectores produtivos.

Durante as últimas décadas, a UE serviu para favorecer, apuntalar e, en moitas ocasións, impor as políticas neoliberais desta fase capitalista caracterizada pola destrución de dereitos sociais: reformas regresivas na xubilación e da lexislación laboral, recorte de subsidios e pensións ou desregulación e privatización de sectores económicos son alguns exemplos, especialmente nos períodos de crise. Ben fose coa colaboración entusiasta dos gobernos ou por vía de presións maís ou menos explícitas, as políticas dictadas desde Bruxelas foron sempre na mesma liña de favorecer os grandes grupos económicos. No Estado Español o paradigma disto foi a reforma da Constitución (dictada pola UE e pactada por PP e PSOE) que no seu día antepuxo o pagamento da débeda ao investimento social.

A UE é a superestrutura na que toma forma o proxecto imperialista nesta parte do mundo, e como tal actúa en todos os ámbitos a pesar da retórica de “dereitos humanos” coa que se envolve. Ese discurso é puramente selectivo, sendo utilizado sistematicamente como arma contra proxectos que cuestionan o dogma capitalista, que tentan exercer a súa soberanía sen tutelas ou outros que simplemente son rivais xeopolíticos na disputa polos recursos do mundo.

A UE por suposto permite no seu seo violacións sistemáticas dos mesmos principios que di defender polo mundo adiante, e ao tempo colabora activamente con réximes criminais. O seu aliñamento co “dereito a defensa” de Israel e a lexitimación do xenocidio en Gaza é un boa mostra disto. Tamén dos dobres estándares que se manexan se comparamos o discurso co que se mantivo en relación á guerra na Ucrania. Neste conflito a UE também xogou e xoga un papel activo en alimentar a escalada belicista, plenamente aliñada coa OTAN e promovendo o aumento dos orzamentos militares dos estados.

As políticas criminais contra as persoas que procuran unha vida mellor fuxindo de guerras ou da miseria amosan tamén a abismal distancia entre a propaganda e a realidade. Aos vergoñentos acordos nesta materia con estados como Turquía ou Marrocos súmase a última reforma do pacto migratorio, que oficializa como doutrina oficial boa parte dos marcos da extrema dereita (non por acaso as previsíbeis triunfadoras das próximas eleccións) e que seguirá a provocar cada ano miles de mortes no mar e nas fronteiras.

Todo o que aquí que relatamos non se trata dunha perversión do “soño europeo” ou dunha deriva imprevista. As institucións europeas están a desenvolver exactamente o papel para o que foron deseñadas: servir os intereses do grande capital dunha forma ainda máis eficiente do que o facían os estados que a compoñen.

Por tanto, ningunha transformación social positiva será posíbel sen confrontar abertamente coa UE e coa súa arquitectura económica, particularmente a monetaria. A experiencia grega en 2015 é ben ilustrativa de que nengún proxecto minimamente de esquerdas será viábel sen asumir esta realidade. Por iso, se ben as contradicións no seo da UE son cada vez máis evidentes (nalgún caso levando á ruptura, como no Reino Unido), sería suicida para deixar en mans da extrema dereita a crítica a esa institución, como se foi facendo por parte de moitas esquerdas europeas nos últimos anos. 

Partindo desta análises, reforzar o próximo 9 de xuño a presenza do BNG no Parlamento Europeo axudará combater este modelo de construción europea. O programa electoral denuncia con contundencia a UE e aspira a dar voz as clases populares do noso país nun espazo no que, por desgraza, se toman moitas decisións que nos afectan.

Ademais, a alianza entre forzas da esquerda soberanista -ainda coas súas diferenzas internas e limitacións-, plasmada novamente na coaligazón Agora Repúblicas, é tamén unha vía útil para soster, ante a UE e ante o Estado Español, un discurso firme en defensa do dereito das nacións a dispor de estado propio. Cómpre reforzar este perfil soberanista -tamén en relación á UE- especialmente da man de forzas que compartan a nosa análise sobre o proxeto europeo.

Sabemos que a Europa que nós defendemos só poderá contruirse sobre as ruínas das actuais institucións europeas, que cómpre combater e superar. Nese camiño cómpre reforzar electoralmente as voces críticas coa UE, mais sobre todo cómpre organizar forza social en favor dunha ruptura democrática que deixe atrás tanto o réxime español postfranquista como unha UE construída ao servizo da oligarquía.

Comparte:

As últimas entradas

Comunicado fronte á inxerencia imperialista na Venezuela

Fronte á inxerencia imperialista na Venezuela

Desde o Movemento Arredista denunciamos con toda a nosa firmeza máis unha inxerencia do imperialismo o pasado 3 de xaneiro na América Latina co secuestro do presidente da República Bolivariana de Venezuela, Nicolás Maduro, e da expresidenta da Asemblea Nacional, Cilia Flores, e o asasinato de cerca de 80 persoas; 32 delas recoñecidos combatentes das

Venezuela non se rende

Venezuela non se rende

Solidariedade coa Venezuela bolivariana fronte ao imperialismo! Desde o inicio do proceso bolivariano en Venezuela en 1998 con Hugo Chávez á fronte e despois con Nicolás Maduro a partir de 2013, foron múltiples e variados os mecanismos empregados polo imperialismo, cos EUA á cabeza, xunto cos seus axentes internos no país, para agrediren e afogaren

Moncho Reboiras Vive! | Crónica

O Movemento Arredista celebrou este 12 de agosto pola mañá en Imo a figura de Moncho Reboiras no acto conxunto organizado polo 50 cabodano do seu asasinato por parte da policia franquista en Ferrol. Xunto a outras forzas políticas, a CIG, e as fundacións do nacionalismo galego, militantes arredistas acompañaron o numeroso acto no que

Moncho Reboiras vive!

O vindeiro 12 de agosto reivindicaremos o exemplo militante do Moncho Reboiras con 2 homenaxes nacionais polo 50⁰ cabodano do seu asasinato. ➡️ Ás 12:00 participaremos da homenaxe nacional unitaria en Imo. ➡️ Ás 19:00 organizamos unha homenaxe nacional en Vigo, na que participarán: Ademais, contaremos coa actuación musical de Pauliña.