Día da Patria 2022

Crónica da participación do Movemento Arredista no Día da Patria 2022.

Na semana previa ao Día da Patria desenvolvemos unha campaña de axitación por co lema da nosa participación neste 25 de xullo: “Independencia”, pendurando faixas por todo o país ao tempo que continuamos coa axitación da campaña “Capitalismo é crise: combatámolo” que iniciamos o 1º de maio.

 

Ao igual que o ano pasado dende o españolismo quixeron facer unha nova demostración de forza reforzando a militarización de Compostela, novamente a presenza da monarquía coa presenza do o rei Felipe VI e toda a parafernalia simbólica que este ano incluiu paracaidista coa bandeira española.

O soberanismo respondeu con forza nun Día da Patria que recuperou o seu carácter masivo logo da pandemia. Dúas xornadas de reivindicación e loita, 24 e 25, que amosaron a forza da organización e o compromiso político de miles de galegas e galegos coa defensa e reivindicación da Galiza como nación.

O domingo 24 participamos na homenaxe a Rosalía e Castelao que cada ano organiza Galiza Nova en Bonaval e na que se dá cita a mocidade da fronte. Un ano máis a música reivindicativa e as instervencións políticas acompañaron a ofrenda floral no panteón de galegas ilustres. 

O luns 25 participamos na manifestación nacional que cada 25 de xullo organiza o BNG. A nosa militancia participou nesta xornada nas tarefas organizativas da mobilización e tivo presenza nas estruturas do BNG e nas organizacións sectoriais do campo soberanista que estiveron presentes. A nosa militancia participou activamente visibilizando xunto a moitas outras compañeiras que no BNG hai un corpo militante que aposta por un discurso nidiamente independentista. 

Esta manifestación masiva e combativa é posíbel grazas ao traballo de centos de militantes nacionalistas de todo o país que permitiron este ano recuperar a forza mobilizadora da fronte patriótica nunha xornada masiva de participación.

Antes da manifestación do 25 instalamos na Alameda un posto co noso material e por primeira vez en moitos anos a policia, entendemos que por orde do alcalde de Compostela, identificou ás compañeiras de todos os postos e ameaza con multar a quen decidimos non ceder ante as presións.  Durante as mobilizacións repartimos colantes co noso lema “Independencia”, e o noso voceiro “En Movemento” que se pode consultar online en https://enmovemento.arredista.gal/.

Ademais, penduramos na cidade numerosas faixas e cartazes de diferentes campañas, contribuíndo así para a axitación deste dia nas rúas da capital dun pobo que mantén a súa vontade de existir e loitar.

Na tarde do 25 estivemos presentes no Festigal que voltou este ano con máis forza e máis organizacións presentes nos diferentes espazos logo das edicións suspendidas pola crise sanitaria. Unha tarde chea de encontros e conversas con compañeiras de todo o país que se achegaron polo Campus Sul a disfrutar dun ambiente festivo e a colaborar coas organizacións a través da adquisición de material.

Comparte:

As últimas entradas

25X | Acumularmos forzas pola independencia

O conflito nacional galego é un proceso histórico que leva máis dun século acumulando ideas, experiencias e forzas para superar a contradición nacional, a contradición principal que se dá na Galiza e que está atravesada polo antagonismo de clases de forma indisolúbel. Desde a Revolución de 1846, influída polo socialismo utópico da altura, até a

Avanzarmos no confronto contra España e o imperialismo

Fronte ao desfile do exército español en Vigo deste Sábado 30 de Maio, desde o Movemento Arredista adherimos á manifestación nacional convocada pola plataforma Galiza pola paz, en rexeitamento de dito acto de exhibición do militarismo españolista por parte das forzas de ocupación, que tamén fica encadrado dentro da escalada bélica promovida polo bloque imperialista.

Até sempre, camarada Antolín

Desde o Movemento Arredista queremos manifestar o noso profundo pesar polo falecemento de Antolín Alcántara, unha das grandes referencias do  nacionalismo galego e un militante exemplar que consagrou toda a súa vida á defensa da clase obreira, da xustiza social e da liberación nacional da Galiza. Alén de polo seu labor sindicalista e para co

17M | Independência nacional para umha língua plena

A fenda linguística que sofremos, com a perda constante de espaços de uso e de novos falantes, é consequência direta da nossa falta de soberania. O galego leva décadas resistindo num marco estatal que o condena à subordinaçom permanente. O autonomismo demonstrou ser um instrumento de castelhanizaçom desde os seus inícios, o que supujo ter