Encontro Aberto en Ourense

Encontro Aberto do Movemento Arredista en Ourense o xoves 14 de outubro ás 20.15h no Centro Social A Galleira (Praza San Cosme)

O Movemento Arredista desenvolverá nas próximas semanas encontros abertos para presentar o documento “Ideas para afortalar o BNG. Debater, Organizar e mobilizar dende o soberanismo e a esquerda” e contrastar coa base social do BNG as nosas propostas, para debater, pór en común e sobre todo recoller as inquedanzas, preocupacións e ideas da militancia de cara aos debates comarcais e á propia Asemblea Nacional.

Ourense.

  • O xoves 14 de outubro.
  • A partir das 20.15h.
  • No Centro Social A Galleira (Praza de San Cosme).

Achégate a debater con nós!

Comparte:

As últimas entradas

Formación | A estratexia frontista como praxe política

❓ Que é unha fronte de masas, a estratexia vangardista e a relación entre estes dous niveis de organización? Como aplican os conceptos de obxectivo, táctica e estratexia no contexto galego? Por que é a liberación nacional un motivo necesario para a consecución do horizonte comunista? O vindeiro mércores 23 de abril organizamos unha formación

Pola paz e a derrota do imperialismo. Abaixo a UE e a OTAN!

Asistimos a unha militarización acelerada dos estados europeos, incluído o Estado español, baixo o pretexto da falsa e inventada “ameaza rusa”. Todas as forzas sistémicas se adhiren a este proceso e a mediática bombardea continuadamente para impor ese relato dominante, espallar o medo e reforzar o apoio da poboación aos plans belicistas do imperialismo mentres

10M | Galiza independente, coa clase obreira á fronte

10 de Marzo. Día da clase obreira galega. O 10 de marzo lembramos a represión franquista contra as greves do 72 e o asasinato de Amador e Daniel. Porén, esta data vai máis alá, tendo un fondo contido nacional e de clase. O 10 de marzo expresa a estreita ligazón da loita nacional e a

8M | Contra o fascismo e o patriarcado: combater até vencer!

Cando a cara máis terríbel da burguesía, o fascismo, sae á luz son os nosos dereitos como mulleres desposuídas os primeiros en ser negados e cuestionados. Os nosos corpos e as nosas vidas convértense en escenario fundamental de loita de clases: sobre nós opínase, lexíslase, imponse unha normatividade reaccionaria e exércense as formas máis cruentas