Homenaxe a Moncho Reboiras. Militancia, solidariedade e compromiso.

Crónica da Homenaxe a Moncho Reboiras organizada polo Movemento Arredista o 12 de agosto de 2022 no cemiterio de San Xoán de Laíño (Imo-Dodro).
Moncho Reboiras 2022

O Movemento Arredista celebrou este 12 de agosto no cemiterio de San Xoán de Lariño (Imo) a súa homenaxe a Moncho Reboiras.

Sob o lema “Co  exemplo de Reboiras: Militancia, solidariedade e compromiso” o Movemento Arredista celebrou este venres 12 de agosto dende as 13h a homenaxe anual a Moncho Reboiras no cemiterio de San Xoán de Lariño, nun acto no que non faltaron a música e a poesía acompañando as intervención políticas.

47 anos despois do seu asesinato a mans da policía española, o Movemento Arredista revindica que os valores que representa Reboiras son hoxe máis necesarios que nunca, pois son os que alicerzan calquera proceso de transformación social. Nesta xornada de homenaxe seguimos a reivindicar o exemplo de quen entregou a súa vida, até as últimas consecuencias, á causa colectiva que soñaba e pola que loitaba: construir unha Galiza independente e socialista.

Coa actuación musical de Vituco Neira (Ruxe Ruxe) e Viking que estrearon hoxe unha canción adicada a Moncho Reboiras en Imo, comezou o acto político pasadas as 13h en San Xoán de Lariño.

Abriu as intervencións Xoán Bautista Mariño, concelleiro do BNG e tenente de Alcalde do Concello de Dodro en nome da Asemblea local do BNG, que viña de inagurar ás 11h en Imo a rúa Moncho Reboiras nun acto de homenaxe institucional que contou con apoio popular e veciñal. Xoán Bautista sinalou o compromiso político de Reboiras e a súa contribución ao movemento de liberación nacional do que foi semente.

No acto tamén houbo tempo para a poesía da man de Roberto Rodríguez, poeta ourensano cunha larga traxectoria de militancia e compromiso político no nacionalismo galego, que achegou verbas que evocaron a revolución de outubro, a reivindicación da política como ferramenta de transformación e a poesía como ferramenta política.

Por parte da mocidade tomou a palabra Manuela Nores, militante de Isca!, reivindicando a figura de Moncho Reboiras e a ensinanza que a súa vida nos deixa sobre a importancia da organización para traballar co horizonte da liberación nacional da Galiza, a tarefa impostergábel de intervirmos colectivamente a nivel social en chave soberanista e a aposta por construir o socialismo e a independencia nacional como horizonte estratéxico.

Ximena González, en nome da Mesa Nacional do Movemento Arredista, resaltou a necesidade da organización estratéxica, a formación e o traballo militante para avanzar na transformación social. Resaltou que non existen ¡ saídas fáciles ou rápidas, só a militancia política, o compromiso individual e colectivo e incorporar como parte da vida a participación política nos permitirán avanzar nos obxetivos que nos marcamos para a transformación social e a liberación nacional.

Rematou as intervencións Anxo Nozeda, membro da executiva  confederal da CIG, reivindicando a figura de Moncho Reboiras e o seu papel exemplar como militante comprometido coa loita sindical, cultural e antifascista que o levou a entregar a súa vida. Anxo Nozeda  analizou a situación social e os duros momentos que vive a clase obreira, insistindo na necesidade de non asumirmos o discurso inimigo e sermos audaces e valentes á hora de confrontar os relatos do sistema. Denunciouo que o que o sistema chama “crises” non son máis que novas estratexias de acumulación e reforzo do capitalismo nun momento no que a oligarquía desprega todas as ferramentas ao seu servizo, entre elas a guerra imperialista.

O acto rematou co canto da internacional e o himno galego, e coa tradicional ofrenda floral ao pé dos restos de Moncho Reboiras.

Comparte:

As últimas entradas

1M | Facer posíbel o imposíbel

No 1º de Maio, “Dia Internacional da Clase Obreira”, non podemos comezar sen renderlle homenaxe ás milleiros de persoas traballadoras que, hai xa 140 anos, se mobilizaron polas rúas de Chicago para loitar pola xornada laboral de 40 horas, pola dignificación das condicións laborais, pola superación da espoliación, en definitiva para dignificar as condicións da

10M | Organizar a clase obreira para liberar Galiza

Cada 10 de marzo lembramos o asasinato dos obreiros galegos Amador Rey e Daniel Niebla, abatidos pola policía española en Ferrol no ano 1972, no contexto das grandes mobilizacións obreiras en Ferrol e Vigo. Mais non estamos só ante unha data de “memoria histórica”ou de denuncia do fascismo. É unha data de afirmación nacional e

8M | Mulheres trabalhadoras contra o capital!

As mulheres trabalhadoras contra o capital Desde o movimento feminista de classe compreendemos a emancipaçom de género como um processo de tomada de consciência sobre o lugar em que o sistema coloca as mulheres e sobre as violências e desigualdades que as afetam, à vez que pulamos pola criaçom e estabelecimento de um poder que

Contra a agresión imperialista ao Irán

O Movemento Arredista amosa o seu completo rexeitamento aos ataques militares que, desde a mañá do 28 de Febreiro, lanzaron sobre o Irán as forzas imperialistas dos Estados Unidos de Norteamérica, xunto coas do seu posto avanzado da entidade sionista de “Israel”.  Denunciamos nos termos máis graves o asalto traizoeiro contra o Irán, un ataque