Homenaxe a Moncho Reboiras no 50º aniversario do seu asasinato pola policía española

Desde o Movemento Arredista chamamos a participar no acto nacional, que terá lugar en Imo (Dodro) o vindeiro 12 de agosto, polo 50º aniversario do asasinato do Moncho Reboiras, vítima do aparello de represión franquista.

Este encontro nacional está promovido por diferentes organizacións que defenden a loita pola liberación nacional galega, entre as que se encontra o Movemento Arredista, e quere servir de homenaxe ao exemplo militante de Moncho Reboiras, unha figura histórica que reivindicamos e que asumimos como referente da loita pola independencia e o socialismo.

Ao se cumprir medio século do seu asasinato fascista, cómpre lembrarmos máis que nunca o papel sindical e político de Moncho Reboiras, como tamén a súa valentía e compromiso militante na loita antifranquista e pola defensa dos dereitos nacionais do pobo galego.

Destacamos os seus esforzos, xunto co das súas camaradas, para daren os primeiros pasos cos que máis adiante se fundaría o sindicalismo nacionalista galego, xermolo do que hoxe é a central sindical galega, a CIG.

Ás 12:00 procederase á reinauguración do mural en homenaxe a Moncho Reboiras. A continuación farase unha ofrenda floral no cemiterio, que contará coas intervencións de Lois Ríos, Marisa Vázquez e Suso Seixo e mais a actuación musical de Mini e Sés.

Comparte:

As últimas entradas

25X | Acumularmos forzas pola independencia

O conflito nacional galego é un proceso histórico que leva máis dun século acumulando ideas, experiencias e forzas para superar a contradición nacional, a contradición principal que se dá na Galiza e que está atravesada polo antagonismo de clases de forma indisolúbel. Desde a Revolución de 1846, influída polo socialismo utópico da altura, até a

Avanzarmos no confronto contra España e o imperialismo

Fronte ao desfile do exército español en Vigo deste Sábado 30 de Maio, desde o Movemento Arredista adherimos á manifestación nacional convocada pola plataforma Galiza pola paz, en rexeitamento de dito acto de exhibición do militarismo españolista por parte das forzas de ocupación, que tamén fica encadrado dentro da escalada bélica promovida polo bloque imperialista.

Até sempre, camarada Antolín

Desde o Movemento Arredista queremos manifestar o noso profundo pesar polo falecemento de Antolín Alcántara, unha das grandes referencias do  nacionalismo galego e un militante exemplar que consagrou toda a súa vida á defensa da clase obreira, da xustiza social e da liberación nacional da Galiza. Alén de polo seu labor sindicalista e para co

17M | Independência nacional para umha língua plena

A fenda linguística que sofremos, com a perda constante de espaços de uso e de novos falantes, é consequência direta da nossa falta de soberania. O galego leva décadas resistindo num marco estatal que o condena à subordinaçom permanente. O autonomismo demonstrou ser um instrumento de castelhanizaçom desde os seus inícios, o que supujo ter