Homenaxe a Moncho Reboiras. Construíndo poder popular!

Crónica e imaxes da nosa homenaxe a Moncho Reboiras en Imo o 12 de agosto de 2021

Desde o Movemento Arredista celebramos o pasado 12 de agosto a homenaxe a Moncho Reboiras en Imo, dando continuidade ao traballo das organizacións que nos precederon neste espazo político que estamos a construír. Quixemos facelo este ano pondo en valor especialmente o seu exemplo como organizador en moitos ámbitos, e a vixencia do compromiso militante na construción do poder popular. Mais que nunca, cómpre reivindicar o labor imprescindíbel de crear tecido social, organizar e mobilizar o pobo como alicerces fundamentais para a transformación da sociedade.

O ato, introduzido por um grupo de gaiteiros, foi apresentado pola nosa compañeira Susana Camba, e deu início ás intervención políticas cun saúdo de Xoán Bautista Mariño, concelleiro do BNG en Dodro.

A homenaxe contou co a música do Rabelo, que amenizou a xornada coas súas letras combativas sobre a necesidade de resistir, coidarnos e combater todo o que nos oprime.

Tamén escuitamos os versos de Xaime Trillo, cheos de memória e rebeldia. A seguir, interviu Raúl Sandomingo, en nome da organización xuvenil Isca!, que falou dos retos da mocidade rebelde para os próximos tempos.

As intervención políticas culminaron cos discursos (que próximamente disponibilizaremos na íntegra) das compañeiras Ximena González e Sílvia Pardo, integrantes da nosa Mesa Nacional. Desde a reivindicación da figura de Reboiras, incidiron na necesidade de pór en primeiro termo o traballo de construción nacional e a organización social e evitar ficarmos presas só das dinámicas electorais ou das urxencias máis inmediatas, pois só con unha folla de ruta de longo alento e asentada no compromiso co colectivo seremos ser quen de mudar as cousas.

Comparte:

As últimas entradas

25X | Acumularmos forzas pola independencia

O conflito nacional galego é un proceso histórico que leva máis dun século acumulando ideas, experiencias e forzas para superar a contradición nacional, a contradición principal que se dá na Galiza e que está atravesada polo antagonismo de clases de forma indisolúbel. Desde a Revolución de 1846, influída polo socialismo utópico da altura, até a

Avanzarmos no confronto contra España e o imperialismo

Fronte ao desfile do exército español en Vigo deste Sábado 30 de Maio, desde o Movemento Arredista adherimos á manifestación nacional convocada pola plataforma Galiza pola paz, en rexeitamento de dito acto de exhibición do militarismo españolista por parte das forzas de ocupación, que tamén fica encadrado dentro da escalada bélica promovida polo bloque imperialista.

Até sempre, camarada Antolín

Desde o Movemento Arredista queremos manifestar o noso profundo pesar polo falecemento de Antolín Alcántara, unha das grandes referencias do  nacionalismo galego e un militante exemplar que consagrou toda a súa vida á defensa da clase obreira, da xustiza social e da liberación nacional da Galiza. Alén de polo seu labor sindicalista e para co

17M | Independência nacional para umha língua plena

A fenda linguística que sofremos, com a perda constante de espaços de uso e de novos falantes, é consequência direta da nossa falta de soberania. O galego leva décadas resistindo num marco estatal que o condena à subordinaçom permanente. O autonomismo demonstrou ser um instrumento de castelhanizaçom desde os seus inícios, o que supujo ter