Homenaxe a Moncho Reboiras
12 de agosto · 13h
Sempre co exemplo de
REBOIRAS
Militancia, solidariedade e compromiso son os valores que, exemplificados na figura de Moncho Reboiras, queremos reivindicar este 12 de agosto na homenaxe anual que organizamos en Imo.
47 anos despois do seu asasinato a mans da policía española, cremos que eses valores son hoxe máis necesarios que nunca, pois son os que alicerzan calquera proceso de transformación social.
Por iso seguimos a reinvidicar o exemplo de quen entregou a súa vida, até as últimas consecuencias, á causa colectiva que soñaba e pola que loitaba: construir unha Galiza independente e socialista.