O Movemento Arredista celebrou este 12 de agosto pola mañá en Imo a figura de Moncho Reboiras no acto conxunto organizado polo 50 cabodano do seu asasinato por parte da policia franquista en Ferrol.
Xunto a outras forzas políticas, a CIG, e as fundacións do nacionalismo galego, militantes arredistas acompañaron o numeroso acto no que se reinaugurou o mural que o Movemento Galego ao Socialismo realizara no seu 39 cabodano, no que se colocou unha placa que conta cunha pequena biografía de Reboiras. O acto contou tamén cunha ofrenda floral das forzas políticas reunidas alí e de cada asistente que deixou un cravo vermello na tumba de Moncho Reboiras. No acto interviron compañeiras de Reboiras como Lois Ríos que estaba en Ferrol con ele o día que foi asasinada e que participou nos inicios do sindicalismo nacionalista e Marisa Vázquez detida o 12 de agosto en Ferrol e que pasou anos na cadea e Suso Seixo presidente da Fundación Moncho Reboiras.




Sob o lema “Moncho Reboiras vive!” o Movemento Arredista e isca! celebraron este 12 de agosto desde as 19h a homenaxe anual a Moncho Reboiras en Vigo, cidade que viu medrar Reboiras entre o barrio de Teis, a escola de Enxeñaría e os estaleiros de Barreras, onde tamén dedicaron un mural preto da casa en que viviu.
50 anos despois do seu asasinato a mans da policía española, o Movemento Arredista e isca! revindican que os valores que representa Reboiras son hoxe máis necesarios que nunca, pois son os que alicerzan calquera proceso de transformación social. Nesta xornada de homenaxe seguimos a reivindicar o exemplo de quen entregou a súa vida, até as últimas consecuencias, á causa colectiva que soñaba e pola que loitaba: construir unha Galiza independente e socialista.
Coa actuación musical de Pauliña en Vigo, comezou o acto político pasadas as 19h, abriu as intervencións Élia Lago, en nome da mesa nacional do Movemento Arredista, eis a súa intervención no acto:
Bem-vindes um ano mais à homenagem que desde o Movemento Arredista e Isca! realizamos ao militante nacionalista Xosé Ramón Reboiras Noia, mais conhecido como Moncho Reboiras. Aproveitamos cada 12 de agosto, dia em que sucedeu o seu assassinato a mans da Policía Armada franquista, para dar a conhecer a sua história e atualizar o nosso compromisso coletivo com o seu legado político.
Na figura de Moncho Reboiras convergem várias capas de história proletária e de luita contra a ditadura de Franco. Na sua curta vida, porque lha roubárom aos 25 anos, entendemos o éxodo rural galego (a sua família traslada-se de Dodro a Vigo nos anos cinquenta); entendemos os últimos anos do régime franquista (com a crueldade contra as dissidências políticas); e a emergência dos movimentos de libertaçom nacional tal e como os conhecemos hoje em dia: alinhados com o programa de emancipaçom de classe e coa legitimidade da resistência anticolonial em todas as suas formas. Reivindicamos a sua experiência porque Reboiras realizou as escolhas que o colocárom do lado da justiça e da libertaçom do género humano. Escolheu formar-se, escolheu implicar-se politicamente, escolheu construir organizaçom, escolheu boicotar o regime, escolheu colocar a sua inteligência e a sua força a serviço dos propósitos revolucionários.
Esta manhá celebrou-se umha homenagem conjunta do nacionalismo no cemitério de Imo, a sua paróquia natal, no seu cinquenta cabodano. Ademais de acodirmos hoje canda o resto de organizaçons, esse foi o lugar em que historicamente celebrámos o nosso ato nacional. Ali está soterrado
O ano passado trasladamo-nos a Teis, o bairro viguês em que medrou, e restauramos o mural que realizámos por primeira vez em 2015, há dez anos, como Movemento Galego ao Socialismo. Ali as pessoas que se achegavam parabenizárom-nos por devolver um símbolo que os enchia de orgulho operário e galego. Talvez nos pode parecer que o trabalho de difusom que realizamos dos nossos símbolos e figuras militantes nom tem utilidade, mas cada pintada, cada mural, cada cançom, cada poema pode ser a porta de entrada a um mundo de compromisso para qualquer pessoa.
Este ano escolhemos este espaço por representar umha das outras fases da sua vida: a de juventude. Aqui realizou os seus estudos de engenharia que mais tarde o fariam trabalhar como bolseiro nos estaleiros Barreras, também aqui ao lado e que hoje seguem a ser cenário de luita sindical. No Vigo das greves operárias de 1972 Reboiras tinha vinte e poucos anos. Esse momento em contacto com outras trabalhadoras e camaradas conformariam definitivamente a sua identidade como militante.
Os seguintes anos, já entre Ferrol e a Corunha, apareceria o Moncho Reboiras que mais lembramos: o do bigode falso da clandestinidade, o dirigente da Unión do Povo Galego, o homem assassinado polas costas no bairro ferrolám de Canido.
O 12 de agosto de 1975, há exatamente 50 anos, Reboiras tinha 25 anos de vida. Umha vida de quarto de século que marcou a história nacionalista e sindical deste país.
Temos nele representado o paradigma do que umha vida militante pode supor para todo um movimento. Sabemos que ninguém é imprescindível e que as mudanças só podem vir das massas organizadas, mas também queremos ressaltar o impacto que pode ter nas seguintes geraçons conhecer a nossa história e as pessoas que lhe dérom forma.
Desde o Movemento Arredista achamos que as escolhas que realizou Reboiras devem ser feitas também na Galiza de 2025. O contexto é diferente, mas nom o sistema nem as suas consequências. Continua o capital, continua o colonialismo, continua a barbárie. Continuemos nós, pois, a luita de classes, o antifascismo e o horizonte comunista sem exploraçom de nengum tipo. Politizemo-nos, sindiquemo-nos, organizemo-nos e fagamos as escolhas necessárias para viver com a altura que o momento requer. Sejamos semente de vencer.
Deixo-vos agora com Pauliña, quem nos achega através da música esse espírito combativo. A continuaçom virám as intervençons de Alexandra Vázquez, camarada da nossa organizaçom juvenil, Isca!, e Álvaro Lamas, camarada do Movemento Arredista.
Obrigadas por achegar-vos hoje até aqui e por acompanhar-nos nesta homenagem popular a Moncho Reboiras.
Viva Galiza ceive e socialista!
Por parte da mocidade, tomou a palabra Alexandra Vázquez, militante de Isca!, eis a súa intervención completa:
Hoxe, desde a organización da mocidade combativa Isca!, tamén queremos comemorar os 50 anos do asasinato de Moncho Reboiras, así como o seu compromiso e traballo político, porque a figura de Reboiras non é só para lembrar, senón para continuar.
Reboiras desenvolveu a súa militancia na década dos anos 70, nunha sociedade profundamente afectada pola longa sombra do fascismo, na que o réxime franquista estruturaba as bases para a denominada falsa transición, a cal culminou coa imposición dun sistema capitalista dentro dunha democracia burguesa.
Moncho Reboiras interpélanos hoxe máis que nunca a todas as que aspiramos a un futuro digno no noso país, en especial á mocidade. Interpélanos a seguir revertendo a historia do Estado español, así como a súa estrutura de poder e imposición política, ese Estado aliado do capitalismo imperialista e hetero-patriarcal; un Estado que quere borrar a nosa lingua, a nosa identidade, que nos nega o ser e existir.
Cincuenta anos despois, atopámonos en Vigo, cidade onde Reboiras desenvolveu parte activa da súa militancia; diante da Facultade de Peritos, onde estudou e prendeu a isca coa que ligou a loita sindical coa loita estudantil. Foi un dos pioneiros que sementaron a organización obreira galega, apostando por un sindicalismo combativo ligado ao país, que non se resignaba ás migallas do réxime . Reboiras sabía que o sindicalismo era unha das frontes fundamentais para construír unha Galiza libre e xusta, e que só a unidade entre estudantes, traballadoras e pobo era capaz de cambiar a historia.
Hoxe, esa loita permanece máis viva que nunca. As mesmas desigualdades, explotacións e opresións que denunciaba Reboiras seguen a marcar o noso presente. O capitalismo segue a querer fragmentar a sociedade en suxeitos illados, interesados só en competir tentando así minar a solidariedade e a forza colectiva do pobo. Pero sabemos que, para avanzar cara á emancipación, é imprescindible recuperar e fortalecer a autoorganización popular e a solidariedade de clase como ferramentas centrais da transformación social.
Así, como mocidade combativa, continuamos o seu legado, convencidas de que a unión das nosas forzas é a forza necesaria para construírmos unha Galiza soberana. Mais nós, desde Isca! e o Movemento Arredista, mantemos firme a liña da autoorganización popular en clave nacional, entendendo que esta é a resposta auténtica ás nosas propias necesidades, tanto como clase traballadora como nación oprimida. Só dende a colectividade, a solidariedade e a acción organizada podemos construír un futuro máis xusto, igualitario e digno para todas.
Por iso, seguimos a traballar con empeño na construción de estruturas populares, tecendo redes de apoio e solidariedade non só na Galiza, senón tamén a nivel internacional, conectando coa loita das obreiras e obreiros doutros países. Porque o internacionalismo non é só unha idea abstracta, senón unha práctica imprescindible para combater as múltiples formas de opresión do capitalismo e do imperialismo global. Só a través da cooperación entre pobos e clases podemos derrubar as estruturas que nos someten e abrir camiño cara a unha transformación social real e duradeira. E por iso que nestes tempos de reacción, só a través da loita internacionalista poderemos axudar desde o noso contexto nacional a que o pobo palestino venza. Desde o río ao mar, Palestina vencerá!
Entendemos que a unión e a acción común non son simplemente un lema, senón a forza que realmente move o cambio. Por iso, cada día, en cada loita e en cada espazo, seguimos a construír un futuro no que a dignidade, a liberdade e a xustiza social sexan a base da nosa existencia colectiva.
A entrega de Moncho non foi un xesto illado nin un acto romántico: foi unha práctica constante de estratexia e disciplina . Foi un traballo diario e colectivo, que non buscaba recoñecemento persoal senón a vitoria común. A mellor homenaxe que podemos renderlle non é a idealización pasiva, senón a continuidade activa da súa loita. Hoxe, fronte a un capitalismo globalizado que segue a espoliar a Galiza e a precarizar á súa xente, o exemplo de Reboiras recórdanos que só a organización da mocidade comunista, a unidade popular e a loita sen concesións poden abrir camiño cara á liberación. O seu compromiso era integral: estudantil, sindical e político; nacionalista e internacionalista; de acción e teoría. Sabía que sen organización política revolucionaria, sen conciencia de clase e sen dirección colectiva, non hai vitoria posible.
Moncho foi perseguido e finalmente abatido polo aparello represivo dun réxime que vía nel unha ameaza real, non só polas súas ideas, senón pola súa capacidade de organización.
Por iso, Moncho Reboiras non é só pasado. É unha guía para o presente e o futuro. É a certeza de que, por dura que sexa a represión, por longa que sexa a noite, a loita organizada da clase traballadora galega é o único camiño cara a unha Galiza ceibe, socialista, feminista e desde a que aportarmos á loita mundial polo comunismo.
Viva Moncho Reboiras
Viva galiza ceibe
Rematou as intervencións Álvaro Lamas, militante do Movemento Arredista, aquí podes ler a súa intervención completa:
Companheiras e companheiros, camaradas!
Aos cinquenta anos do assassinato de Moncho Reboiras pola polícia espanhola naquele fatídico 12 de Agosto de 1975, reunimo-nos para lhe dar merecida homenagem e lembrança.
Pepe Reboiras, como era conhecido polos seus, é uma figura fundamental na história desse fio vermelho do que fazemos parte e do que nos reclamamos herdeiras. Muito além do feito mesmo do seu martírio, ele foi un moço que dedicou todas as suas forças à conformação de um movimento nacional-popular no nosso país no contexto da ditadura fascista.
E fez isto desde um desempenho completo en todas as facetas em que isto podia ser feito. Já fosse no eido sindical, como no estudantil, no eido cultural ou até no agrário, a mão de Moncho Reboiras esteve presente em todo o processo de despregar e consolidar a organização do nacionalismo na Galiza de princípios da década de 1970.
Aquele rapaz de Imo viveu durante anos no bairro operário de Teis, onde a mãe regentava uma pensão, o que lhe permitiu tomar contacto com a realidade social da classe operária galega, que não passava desapercebida para a sua inteligência.
Logo de se iniciar nas leituras dos clássicos galeguistas atravês do grupo o Castro, da mão do Padre Seixas começa a participar também na Associação Cultural de Vigo, onde teve contacto por primeira vez co nacionalismo da UPG, o que propiciou o início da sua militância no ano de 1969. Desde muito novo adquiriu consciência da necessidade de organizar a classe proletária galega e as classes populares do país em estruturas próprias que lutassem num marco nacional, à margem do dirigismo das estruturas da esquerda espanhola.
O seu papel na formação política de novos militantes, na difusão de clássicos marxistas assim como do conhecimento pormenorizado da realidade do país foi muito destacado, sempre baixo a bota opressiva da ditadura. Não eram cegos ao cenário internacional que se apresentava, com as lutas anticolonialistas de países como a Argélia, o Vietname ou a Angola e estas lutas tiveram uma importante influência em como este nacionalismo popular galego se gestava nas chaves da libertação social e nacional da Galiza.
Sendo trabalhador dos estaleiros de Barreiras tras finalizar os seus estudos nesta faculdade ante a que nos encontramos, participou da greve insurreccional do Vigo obreiro de 1972 e difundiu entre o colectivo de trabalhadores voandeiras que explicavam a dupla exploração que sofremos, entanto que trabalhadores e entanto
que galegos, por ser a Galiza uma nação colonizada.
A enorme experiência do 72 deixara clara, a olhos de Reboiras e do nacionalismo popular, a falta de uma ferramenta sindical de obediência galega. Esta organização sindical devia ser criada, pois para nós não serviam os sindicatos espanhóis. A sua frenética actividade percorrendo todo o país sentou as bases para a criação do que seria o Sindicato Obreiro Galego, germolo do que hoje em dia é a CIG. Se hoje dispomos de uma organização sindical de classe e soberanista de carácter maioritário no país é em parte devido ao trabalho de militantes como Moncho Reboiras.
O nacionalismo popular, do que Moncho Reboiras era parte e dirigente, combateu a ditadura franquista e também denunciava já nos 70 as teses autonomistas do PCE, defendendo como solução democrática para o nosso povo o reconhecimento do direito à autodeterminação e a constituição de um Estado Popular Galego.
A ditadura fascista seguiu de perto os passos de Reboiras e das suas camaradas até que num dia como hoje de 1975, caiu abatido em Ferrol, disparado pelas costas e aldrajado nos meios do regime.
Hoje, cinquenta anos depois do seu assassinato, Moncho Reboiras segue a bater no coração da Galiza combativa. Reboiras não é um monumento, nem uma figura ideal, foi um revolucionário de carne e osso, que entendia que a libertação nacional e a justiça social são duas caras da mesma moeda.
No Movimento Arredista consideramos, com as devidas actualizações de actores e as mudanças sociais e económicas das últimas décadas, como plenamente vigentes as suas ideias. Continuamos organizando-nos dia a dia pela independência do nosso país e pela ruptura completa com a ordem imperialista do Estado espanhol, pela superação do capitalismo. Denunciamos os planos do imperialismo da OTAN e do grande capital espanholista, como também o servilismo do suposto governo progressista actuante.
Não nos conformamos com a mera lembrança de Reboiras, propomo-nos dar-lhe vida cada dia nas diversas luitas em que participamos.
Fazemo-lo quando luitamos nos nossos centros de trabalho por melhores condições. Fazemo-lo quando denunciamos o terrorismo machista e as ferramentas de opressão cisheteropatriarcal. Fazemo-lo quando nos organizamos no ecologismo galego para defender o nosso território da depredação extrativista e do espólio colonial. Fazemo-lo quando nos organizamos em solidariedade pela liberdade da Palestina em toda a sua terra, do rio Jordão ao mar Mediterrâneo.
Por isso a vocação do Movemento Arredista é a de continuar organizando destacamentos militantes arredor do objectivo da independência nacional, na senda ao comunismo.
Moncho Reboiras vive!
A luita continua!
Viva Galiza ceive e socialista!
Viva Palestina livre, do rio ao mar!
O acto rematou co canto da internacional e o himno galego, entre berros de “Moncho Reboiras vive!”














