O BNG en Movemento, unha aposta pola soberanía e a xustiza social

XVIII Asemblea Nacional BNG

Dende o Movemento Arredista impulsamos a candidatura O BNG en Movemento na XVIII Asemblea Nacional do BNG convencidas de que a pluralidade e do frontismo son un valor central na construción dunha fronte patriótica forte. A nosa vontade foi a de achegar debates e propostas dar á militancia a posibilidade de escoller esta opción para os órganos nacionais do BNG.

Coa esta candidatura, integrada por militantes do Movemento Arredista e outras compañeiras independentes, socializamos as nosas apostas para lograr un BNG máis forte, con máis organización, máis debate, máis pluralismo, máis esquerda e máis soberanismo! (Ver documento de propostas).

Dende o Movemento Arredista vemos con preocupación a falta de debate estratéxico. Esta ausencia é definitoria para a existencia (ou non) de análises e diagnoses acaídas no noso día a día. Mais non só: tamén para deseñar a folla de ruta que aspiramos a seguir para facer avanzar tanto a fronte patriótica como o movemento nacional de emancipación galego no seu conxunto.

A Asemblea Nacional do BNG é o principal foro de expresión e debate da militancia, e debe ser entendida como tal e non como un evento mediático ou apenas de promoción do proxecto político. É neste marco en que o conxunto da militancia elabora as súas análises e propostas políticas a nivel comarcal e nacional e toma acordos para construír a folla de ruta que guía o traballo da fronte nos próximos anos, non apenas as persoas que irán levar ese traballo adiante desde a direción política.

O debate asemblear non se limita apenas ao día da Asemblea senón que comeza nas comarcas onde toda a militancia participa en pé de igualdade na definición da folla de ruta a seguir. Coa intención de dar a coñecer entre toda a militancia da fronte as nosas propostas presentamos emendas ás teses da Asemblea en moitas das comarcas do país e defendemos no plenario aquelas que foran rexeitadas nos debates previos.

Neste proceso defendemos previamente e na propia asemblea a través de intervencións no debate sobre o Informe de Xestión e as teses a aposta por unha organización con máis formación de cadros para afrontar as tarefas sociais e institucionais que temos por diante, a necesidade de máis debate e cultura asemblear, a importancia da construción de liderados colectivos na fronte, unha posición coherente entre a análise que facemos do PSOE como parte do réxime do 78 e as nosas posicións e acordos institucionais, a emerxencia dun debate sobre o modelo social e económico que representa a emerxencia climática, unha posición coherente coa defensa do territorio, un maior protagonismo da mocidade nos organismos da fronte, un reforzo da autoorganización do feminismo galego, a necesidade de adicar recursos ao traballo social e de base fronte a unha organización volcada no electoral, un BNG que reforce as súas políticas transformadoras e unha liña claramente soberanista no discurso nacional.

A nosa candidatura

Con humildade mais tamén con orgullo, cremos ter contribuído en positivo ao proceso de clarificación ideolóxica, aos intentos de reforzo organizativo, á cohesión interna e á recuperación e superación electoral da fronte patriótica, traballando sempre desde a lealdade e a xenerosidade. Ante este novo ciclo organizativo, mais tamén político, a nosa vontade foi seguir este camiño, e que a dirección se mantivese na pluralidade para así poder acertar.

Traballamos para contribuír de forma positiva ao debate asembleario, dende a firmeza nas ideas e o respecto á organización e ao conxunto da militancia da fronte, convencidas de que a pluralidade e o debate de ideas deben formar parte da construcción coletiva e do normal desenvolvemento da vida interna do BNG. 

Por iso presentamos a candidatura encabezada por Noa Presas (Impulso candidatura O BNG en Movemento) que defendemos na Asemblea Nacional e que tivo un excelente resultado acadando un 12,35% do apoio da asemblea o que nos permite manter as dúas compañeiras que tiñamos na Executiva Nacional e incrementar a nosa presenza no Consello Nacional.

Coa vontade firme de seguir reforzando o BNG e defender nel as nosas propostas políticas seguiremos traballando por máis debate, máis organización, máis esquerda e máis soberanía.

Comparte:

As últimas entradas

25X | Acumularmos forzas pola independencia

O conflito nacional galego é un proceso histórico que leva máis dun século acumulando ideas, experiencias e forzas para superar a contradición nacional, a contradición principal que se dá na Galiza e que está atravesada polo antagonismo de clases de forma indisolúbel. Desde a Revolución de 1846, influída polo socialismo utópico da altura, até a

Avanzarmos no confronto contra España e o imperialismo

Fronte ao desfile do exército español en Vigo deste Sábado 30 de Maio, desde o Movemento Arredista adherimos á manifestación nacional convocada pola plataforma Galiza pola paz, en rexeitamento de dito acto de exhibición do militarismo españolista por parte das forzas de ocupación, que tamén fica encadrado dentro da escalada bélica promovida polo bloque imperialista.

Até sempre, camarada Antolín

Desde o Movemento Arredista queremos manifestar o noso profundo pesar polo falecemento de Antolín Alcántara, unha das grandes referencias do  nacionalismo galego e un militante exemplar que consagrou toda a súa vida á defensa da clase obreira, da xustiza social e da liberación nacional da Galiza. Alén de polo seu labor sindicalista e para co

17M | Independência nacional para umha língua plena

A fenda linguística que sofremos, com a perda constante de espaços de uso e de novos falantes, é consequência direta da nossa falta de soberania. O galego leva décadas resistindo num marco estatal que o condena à subordinaçom permanente. O autonomismo demonstrou ser um instrumento de castelhanizaçom desde os seus inícios, o que supujo ter