Os que provocan a miseria reprimen a quen fuxe dela

As imaxes da fronteira sur do Estado Español -no enclave colonial de Ceuta- amosan novamente e con especial virulencia a forma en que o centro capitalista pecha a porta e maltrata os seres humanos que empobrece noutras partes do mundo.

As imaxes da fronteira sur do Estado Español –no enclave colonial de Ceuta– amosan novamente e con especial virulencia a forma en que o centro capitalista pecha a porta e maltrata os seres humanos que empobrece noutras partes do mundo.

O goberno español e os medios de comunicación do sistema, falando de “avalancha” ou “invasión” de migrantes e promovendo a militarización, reforzan novamente os marcos discursivos do fascismo, favorecendo o seu avance.

O cerne do que esta a pasar nestes días son as políticas hipócritas da UE e os seus estados, que mentres se enchen a boca falando de dereitos humanos subcontratan a estados limítrofes a represión dos fluxos migratorios a cambio de concesións económicas ou políticas.

Neste marco enténdense non só os millonarios acordos que enriquecen a réximes cada vez máis represivos e autocráticos, senón tamén a pasividade ou o apoio explícito das políticas xenocidas de Turquía contra os curdos ou de Marrocos contra o Sáhara Occidental.

Cando os estados europeos non cumpren ao 100% con ese apoio incondicional, vívense episodios como os destes días ou outros similares que ocorreron nas fronteiras da UE. É unha forma de chantaxe que usa as vidas das persoas que fuxen da miseria ou das guerras como moeda de cambio.

Como estamos a comprobar xa coas accións xudiciais contra o Brahim Ghali (Presidente da RASD e líder da Fronte Polisario), esa chantaxe está a ser efectiva para que España volva a someterse plenamente aos intereses da súa monarquía amiga do sur.

Frente a isto, debemos denunciar as violacións dos direitos humanos na fronteira, a hipocrisía e a política criminal da UE e os estados capitalistas contra as persoas migrantes e reafirmar máis que nunca a nosa solidariedade co pobo saharauí contra a ocupación marroquí

Comparte:

As últimas entradas

25X | Acumularmos forzas pola independencia

O conflito nacional galego é un proceso histórico que leva máis dun século acumulando ideas, experiencias e forzas para superar a contradición nacional, a contradición principal que se dá na Galiza e que está atravesada polo antagonismo de clases de forma indisolúbel. Desde a Revolución de 1846, influída polo socialismo utópico da altura, até a

Avanzarmos no confronto contra España e o imperialismo

Fronte ao desfile do exército español en Vigo deste Sábado 30 de Maio, desde o Movemento Arredista adherimos á manifestación nacional convocada pola plataforma Galiza pola paz, en rexeitamento de dito acto de exhibición do militarismo españolista por parte das forzas de ocupación, que tamén fica encadrado dentro da escalada bélica promovida polo bloque imperialista.

Até sempre, camarada Antolín

Desde o Movemento Arredista queremos manifestar o noso profundo pesar polo falecemento de Antolín Alcántara, unha das grandes referencias do  nacionalismo galego e un militante exemplar que consagrou toda a súa vida á defensa da clase obreira, da xustiza social e da liberación nacional da Galiza. Alén de polo seu labor sindicalista e para co

17M | Independência nacional para umha língua plena

A fenda linguística que sofremos, com a perda constante de espaços de uso e de novos falantes, é consequência direta da nossa falta de soberania. O galego leva décadas resistindo num marco estatal que o condena à subordinaçom permanente. O autonomismo demonstrou ser um instrumento de castelhanizaçom desde os seus inícios, o que supujo ter