Sen Cuba, nada sería igual

Hoxe máis que nunca, reiteramos o noso compromiso coa Revolución Cubana. Por solidariedade internacionalista, mais tamén porque sen ela nada sería igual e as nosas esperanzas estarían máis lonxe de se facer realidade.

Para quen aspiramos a un mundo diferente, baseado na dignidade humana e non no lucro e acumulación, Cuba é un exemplo que nos permite acreditar en que os nosos soños son posíbeis. A pesar de todas as dificultades, a resistencia da illa rebelde alumea o camiño de quem sabemos que existe vida alén da dictadura do capital e dun mundo dominado polos centros imperiais. As súas conquistas políticas e sociais, moi condicionadas polo cerco imperial e por 60 anos de criminal bloqueo, amosan que existen alternativas alén de renderse ou someterse aos amos do mundo.

Evidentemente o prezo a pagar por esa rebeldía é alto, e os retos e dificultades son innegábeis. Mais non permitiremos que os mesmos que provocan e agravan eses problemas (especialmente no medio dunha pandemia mundial) sexan os que agora pretenden dar leccións de democracia e bo goberno.

Sabemos que a pesar de todas as campañas de intoxicación, Cuba será quen de manter e consolidar os seus logros. A nación que foi quen de enviar médicos a ducias de países para o combate á pandemia e que, con todo en contra, conseguiu desenvolver as súas propias vacinas, demostrará novamente que pode sair adiante, solucionar os seus problemas sen inxerencias e seguir mellorando o seu sistema socialista.

Hoxe máis que nunca, reiteramos o noso compromiso coa Revolución Cubana. Por solidariedade internacionalista, mais tamén porque sen ela nada sería igual e as nosas esperanzas estarían máis lonxe de se facer realidade.

Comparte:

As últimas entradas

25X | Acumularmos forzas pola independencia

O conflito nacional galego é un proceso histórico que leva máis dun século acumulando ideas, experiencias e forzas para superar a contradición nacional, a contradición principal que se dá na Galiza e que está atravesada polo antagonismo de clases de forma indisolúbel. Desde a Revolución de 1846, influída polo socialismo utópico da altura, até a

Avanzarmos no confronto contra España e o imperialismo

Fronte ao desfile do exército español en Vigo deste Sábado 30 de Maio, desde o Movemento Arredista adherimos á manifestación nacional convocada pola plataforma Galiza pola paz, en rexeitamento de dito acto de exhibición do militarismo españolista por parte das forzas de ocupación, que tamén fica encadrado dentro da escalada bélica promovida polo bloque imperialista.

Até sempre, camarada Antolín

Desde o Movemento Arredista queremos manifestar o noso profundo pesar polo falecemento de Antolín Alcántara, unha das grandes referencias do  nacionalismo galego e un militante exemplar que consagrou toda a súa vida á defensa da clase obreira, da xustiza social e da liberación nacional da Galiza. Alén de polo seu labor sindicalista e para co

17M | Independência nacional para umha língua plena

A fenda linguística que sofremos, com a perda constante de espaços de uso e de novos falantes, é consequência direta da nossa falta de soberania. O galego leva décadas resistindo num marco estatal que o condena à subordinaçom permanente. O autonomismo demonstrou ser um instrumento de castelhanizaçom desde os seus inícios, o que supujo ter