Sobre a situación en Palestina

O Movemento Arredista, fiel aos seus principios de solidariedade internacionalista e loita contra toda forma de opresión, desexa expresar a súa posición fronte aos acontecementos recentes en Palestina.

Historia e contexto: Non se pode comprender a situación actual sen recoñecer a historia de desprazamento e opresión que sufre o pobo palestino desde hai máis de 75 anos, nos que non deixou de avanzar o proxecto racista do sionismo. O Estado de Israel, fundado sobre terras ancestrais palestinas, someteu este pobo a políticas de apartheid, desposuimento e violencia constante, e bloqueou sitematicamente todas as posibilidades de resolución pacífica ou dialogada do conflito impulsando ano tras ano a colonización e os masacres. Ante esta realidade, calquera pobo ten dereito á autodefensa sen ser tratado como unha comunidade de terroristas. Os ataques da resistencia palestina do 7 de outubro e a nova escalada do conflito, coas súas consecuencias para a poboación civil, non poden entenderse fora do seu contexto e responden á opresión colonial do Estado de Israel.

Desequilibrio de poder: A narrativa que iguala ambas as partes ignora de forma interesada tanto a diferenza entre opresores e oprimidos como o evidente desequilibrio de poder. Israel, un dos Estados máis militarizados do mundo, conta co apoio político, económico e militar das grandes potencias occidentais, particularmente dos EUA. En cambio, Palestina, defende os seus dereitos desde unha posición de desvantaxe absoluta, o que evidente condiciona as súas tácticas e estratexias, pero cunha firmeza e valentía inquebrantábeis. 

Dereito á resistencia: Desposuír o pobo palestino do seu dereito á resistencia, tamén armada, é tan só unha estratexia máis desde o poder para negas ás clases populares e os pobos oprimidos as súas posibilidades de autodefensa. Ante unha ocupación e opresión constante, a resistencia palestina non é só unha reacción lóxica, é un dereito e un deber. Un pobo ten a obriga moral e histórica de loitar pola súa liberdade e autodeterminación fronte a quen busca negar a súa existencia. Denunciamos por tanto o papel e as políticas de exterminio que Israel leva desenvolvendo 75 anos no territorio e que agora ameazan con culminar un xenocidio en toda a Franxa de Gaza.

Manipulación mediática: Constatamos como determinados sectores mediáticos, ao servizo dos intereses capitalistas e imperialistas, distorsionan a realidade e manipúlana a favor dos seus intereses, destacando as accións que alimentan o seu relato e ocultando outras, difundindo mentiras e presentando a vítima do conflito como agresor e viceversa. Esta manipulación non só perpetúa a violencia, senón que posiciona a opinión pública a favor dos xenocidas e dificulta unha solución xusta ao conflito.

Estado Español e Xunta de Galiza: A goberno do estado español alíñase novamente co discurso imperialista e, contradicindo o compromiso internacionalista que correspondería a unha esquerda consecuente, alíñanse novamente coa OTAN e os EUA, evidenciando un respaldo tácito ao colonialismo sionista. A situación na Galiza é ainda peor, co Presidente da Xunta empregando as institucións para espallar noticias falsas que consolidan o descurso de odio e deshumanización cara o pobo palestino e usándoas para atacar a quen exercemos a solidariedade internacionalista. 

Unión Europea: A UE leva décadas tolerando e promovendo as accións de Israel, colaborando a todos os niveis co réxime sionista e negándose a sancionar o seu incumprimento dos tratados internacionais. Estes días poidemos comprobar como a institución aplicaba unha dobre moral á hora de preocuparse polas vítimas, condenando e ameazando con ainda máis restricións económicas o pobo palestino mentras normalizaba e se poñía de perfil ante as declaracións de Israel que anunciaron novos crimes de guerra e de lesa humanidade. A UE evidencia, unha vez máis, o seu papel subordinado aos intereses dos EUA e a OTAN e a súa natureza imperialista e antidemocrática, incompatíbel coa loita pola soberanía dos pobos. 

Entendemos polo tanto, que os acontecementos en Palestina, tamén os da última semana, non son episodios illados, senón o resultado dunha política sistemática de opresión e da lóxica intrinsecamente violenta do colonialismo. A loita do pobo palestino é un reflexo da loita global contra as forzas que buscan dominar, explotar e oprimir. O papel de Israel como axente opresor, apoiado por potencias imperialistas, resalta a necesidade urxente de asumirmos unha posición consecuente de denuncia dos seus crimes e de apoiar a campaña de Boicot, Desinvestimento e Sancións contra a entidade sionista.

O conflito en Palestina é un chamado de atención sobre a urxencia de construír un mundo baseado na xustiza, solidariedade e respecto entre os pobos. Desde o Movemento Arredista comprometémonos a intensificar a nosa acción solidaria e a seguir traballando nesta dirección, defendendo os dereitos de todos os pobos do mundo á súa soberanía e autodeterminación e promovendo a causa da liberdade e xustiza en todo o mundo. 

Hoxe e sempre coa loita palestina. 

Palestina vencerá!

Comparte:

As últimas entradas

25X | Acumularmos forzas pola independencia

O conflito nacional galego é un proceso histórico que leva máis dun século acumulando ideas, experiencias e forzas para superar a contradición nacional, a contradición principal que se dá na Galiza e que está atravesada polo antagonismo de clases de forma indisolúbel. Desde a Revolución de 1846, influída polo socialismo utópico da altura, até a

Avanzarmos no confronto contra España e o imperialismo

Fronte ao desfile do exército español en Vigo deste Sábado 30 de Maio, desde o Movemento Arredista adherimos á manifestación nacional convocada pola plataforma Galiza pola paz, en rexeitamento de dito acto de exhibición do militarismo españolista por parte das forzas de ocupación, que tamén fica encadrado dentro da escalada bélica promovida polo bloque imperialista.

Até sempre, camarada Antolín

Desde o Movemento Arredista queremos manifestar o noso profundo pesar polo falecemento de Antolín Alcántara, unha das grandes referencias do  nacionalismo galego e un militante exemplar que consagrou toda a súa vida á defensa da clase obreira, da xustiza social e da liberación nacional da Galiza. Alén de polo seu labor sindicalista e para co

17M | Independência nacional para umha língua plena

A fenda linguística que sofremos, com a perda constante de espaços de uso e de novos falantes, é consequência direta da nossa falta de soberania. O galego leva décadas resistindo num marco estatal que o condena à subordinaçom permanente. O autonomismo demonstrou ser um instrumento de castelhanizaçom desde os seus inícios, o que supujo ter