Somos orgullo, somos revolución

Como militantes revolucionarias afirmamos neste 28 de xuño o noso compromiso na loita contra todo tipo de opresión e a necesidade de reivindicar que a nosa diversidade suma e reforza as nosas loitas comúns.

Nun escenario de crise internacional no que o proceso de acumulación e desposesión capitalista ameaza como nunca as nosas vidas, cómpre defender que a única vía para a revolución é a unión da clase obreira na súa diversidade, organizarse, comprometerse no día a día cun traballo incansábel pola transformación social e facelo sen deixar a ninguén atrás.

Nin as reivindicacións LGBT nin a diversidade das nosas identidades e desexos fragmentan ou dificultan a loita revolucionaria. O que realmente nos divide é a homofobia, a transfobia e os discursos de odio. Discursos que se reforzan co aumento da extrema dereita e os fascismos mais tamén con parte da esquerda negando avances ou axendas de dereitos a parte da nosa clase.

O orgullo naceu como unha revolta e nese espíritu continuamos reivindicando a loita por unha sociedade máis xusta na que conquistemos dereitos para todas. A comunidade LGBT ten unha longa traxectoria de loita inserida no conxunto de loitas transformadoras e radicais por unha vida digna. O movemento polos dereitos LGBT atopou na loita feminista unha aliada incondicional para transformar o mundo. Sumar fixo que pouco a pouco a axenda dea centralidade á loita anticapitalista e antipatriarcal combatendo xuntas as desigualdades sociais, as imposicións de modelos familiares, roles de xénero ou a heteronorma.

Afirmar que a nosa clase é diversa, e o combate a toda forma de opresión e discriminación é inseparábel da loita pola sociedade nova que arelamos é imprescindíbel para construír unha maioría social que se mobilice e enfronte o poder para avanzar na transformación social.

Combatamos o capitalismo e todas as opresións das que se serve para impor a súa lóxica e loitemos xuntas contra todas elas!

Comparte:

As últimas entradas

25X | Acumularmos forzas pola independencia

O conflito nacional galego é un proceso histórico que leva máis dun século acumulando ideas, experiencias e forzas para superar a contradición nacional, a contradición principal que se dá na Galiza e que está atravesada polo antagonismo de clases de forma indisolúbel. Desde a Revolución de 1846, influída polo socialismo utópico da altura, até a

Avanzarmos no confronto contra España e o imperialismo

Fronte ao desfile do exército español en Vigo deste Sábado 30 de Maio, desde o Movemento Arredista adherimos á manifestación nacional convocada pola plataforma Galiza pola paz, en rexeitamento de dito acto de exhibición do militarismo españolista por parte das forzas de ocupación, que tamén fica encadrado dentro da escalada bélica promovida polo bloque imperialista.

Até sempre, camarada Antolín

Desde o Movemento Arredista queremos manifestar o noso profundo pesar polo falecemento de Antolín Alcántara, unha das grandes referencias do  nacionalismo galego e un militante exemplar que consagrou toda a súa vida á defensa da clase obreira, da xustiza social e da liberación nacional da Galiza. Alén de polo seu labor sindicalista e para co

17M | Independência nacional para umha língua plena

A fenda linguística que sofremos, com a perda constante de espaços de uso e de novos falantes, é consequência direta da nossa falta de soberania. O galego leva décadas resistindo num marco estatal que o condena à subordinaçom permanente. O autonomismo demonstrou ser um instrumento de castelhanizaçom desde os seus inícios, o que supujo ter