Transformando
Desde o local
Encontro aberto o 19 de febreiro no Centro Cívico Fontiñas (Santiago de Compostela).
O vindeiro sábado 19 de febreiro organizamos en Compostela un Encontro Aberto sobre políticas locais e transformación social en torno a cuestións como a participación social dende os concellos, a recuperación de servizos a mans públicas, a construción nacional dende o local e a necesidade de erguer e soster iniciativas sociais que desborden os marcos do sistema.
Coa ollada posta no reforzo do traballo social e dun traballo institucional ao servizo do avance do proxecto soberanista e a xustiza social, teremos a ocasión de achegarnos ás experiencias de compañeiras da Galiza, Euskal Herria, Catalunya, Aragón ou Italia para procurar colectivamente máis e mellores ferramentas coas que intervir políticamente no noso país.
Unha oportunidade para coñecer e achegarse a experiencias dende diferentes realidades sociais e políticas que teñen como eixo principal a construción nacional e a transformación social. Iniciativas sociais e institucionais que abren camiños e reforzan o combate a un capitalismo que toma a nivel local formas como as privatizacións de servizos e, no noso caso, dun réxime do 78 cunha crecente pulsión recentralizadora que impón unha lexislación limitadora das posicións políticas que aspiran a mudar a realidade.
10h30 · Modelos de participación social dende os concellos
Modera Silvia Pardo, activista feminista, membro da Mesa Nacional do Movemento Arredista, concelleira do BNG nas Pontes e membro do Consello Nacional do BNG.
San Sadurniño, a aposta polos orzamentos participativos
Secundino García Casal (BNG - Galiza)
Secundino García, Alcalde de San Sadurniño. Traballador da industria madeireira local (Intasa), dende xuño de 2007 é alcalde do concello de San Sadurniño, en representación do Bloque Nacionalista Galego (BNG).
Experiencias de participación a nivel local en Euskal Herria
Silvia Marañon Chasco ( EHBildu, Sortu - Euskal Herria)
Silvia Marañon Chasco, alcaldesa de Etxarri-Aranatz (Nafarroa).
As consultas populares sobre a independencia
Arnau Comas i Miñarro (CUP - Catalunya)
Arnau Comas i Miñarro. Actualmente é membro da direción de Poble Lliure, responsábel da área de Unitat Popular. Foi durante 8 anos concelleiro da oposición en Sant Esteve de Palautordera (2011 – 2019), coordinador técnico nacional de política municipal da CUP (2012 – 2017) e membro da Permanente nacional (2014 – 2017). Traballou no ámbito da xestión de proxectos e a recuperación de servizos externalizados, tanto a nivel público como privado. Actualmente é asesor da Área Metropolitana de Barcelona.
Artieda: un proxecto de participación desde o rural
Anchel Reyes Garreta (Artieda - Aragón)
Anchel Reyes, habitante de Artieda e sociólogo de profesión. A nivel militante traballa no desenvolvemnto local de Artieda en Empenta Artieda, na organización comarcal de xóvens Redolada que organiza o encontro do capazo unha vez ao mes, nos enconcontros de inmemrsión lingüística trobada vivir en aragonés e na RIADA, red de acción política do medio rural aragonés.
12h15 · Recuperar os servizos a mans públicas
Modera Lucía Freire, militante do Movemento Arredista, do BNG e membro da Executiva Confederal da CIG (Confederación Intersindical Galega).
Mancomunar servizos para a súa xestión pública
María Lago Lestón (BNG - Galiza)
María Lago Lestón, licenciada en farmacia, orientou a súa formación cara a área da saúde medioambiental. Foi responsábel local do Bng de Muros dende o 2016 ata 2019, cando asumiu a representación do grupo municipal. Actualmente é concelleira na corporación muradana e representante do BNG na Xunta Rectora da Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza.
Verín, batalla polo público
Diego Lourenzo Moura (BNG - Galiza)
Diego Lourenzo Moura, nacido en 1988, titulado en Administración e Direción de Empresas pola Universidade de Vigo. Militou en Galiza Nova e nos Comités, hoxe é membro do Consello Nacional do BNG. Concelleiro dende 2011 é Tentente de Alcalde do Concello de Verín responsábel das áreas de Facenda, Mocidade, Turismo, Eurocidade e Participación Cidadá dende 2015.
Remunicipalizar servizos, o reto da auga
Pilar Castillejo i Medina (Municipalistes per la República - Catalunya)
Pilar Castillejo i Medina (Ripollet, 1969) Licenciada en Ciencias Físicas na UAB adicouse por un tempo á docencia pero centrou a súa traxectoria laboral na informática, tanto no sector público como no privado. Entrou como concelleira nas elecións de 1999 pola COP-Compromís en Ripollet. Foi escollida concelleira no ano 2015 coa candidatura Decidim Ripollet e é primeira tenente de alcaldía de Economía, Persoas, Servizos Municipais e Municipalizacións de Ripollet, un concello de 40.000 habitantes. Militou na Assemblea d’Unitat Popular, na área de internacional.
Soberanías dende o local, proxecto Hernani Burujabe
Xabier Lertxundi Asteasuinzarra ( EHBildu, Sortu - Euskal Herria)
Xabier Lertxundi Asteasuinzarra, graduado en pedagoxía e psicopedagoxía, traballou de profesor e educador familiar. É membro do Consello Vasco para a Inclusión Social, membro do Consello Executivo de EUDEL, concelleiro en Hernani dende 2015 e dende 2019 Alcalde.
Proxecto Hernani Burujabe (+ info).
Experiencias comunitarias no rural
Víctor Iguacel Ara (Ixambre S. Coop - Aragón)
Victor Iguácel, habitante de Artieda e cooperativista de Ixambre S. Coop, cooperativa socialista para o desenvolvemento local da aldea. Militante na asociación río Aragón en contra dol recrecemento de Yesa, en Empenta Artieda, na rede xuvenil da comarca e na RIADA, rede de coordenación de políticas locais no medio rural aragonés.
17h00 · Construción nacional desde o municipal
Modera Noa Presas, membro da Mesa Nacional do Movemento Arredista e da Executiva Nacional e Consello Nacional do BNG é parlamentaria do BNG no Parlamento de Galiza.
Unha aposta pola construción nacional desde o local
Xosé Emilio Vicente Caneda (Movemento Arredista - Galiza)
José Emilio Vicente Caneda, Compostela 1980 é profesor e xornalista, militante do Movemento Arredista, foi secretario xeral de Galiza Nova e participou da fundación de Isca!. Foi membro da Mesa Nacional do Movemento Galego ao Socialismo entre 2009 e 2020 do Consello Nacional do BNG en varias ocasións e da súa Executiva Nacional entre 2016 e 2021. Participou de diversos movementos sociais, como Mar de Lumes, o movemento anti-taurino en Pontevedra e varios centros sociais nacionalistas. Milita no BNG local e comarcal da comarca de Bergantiños e e na CIG Ensino.
A República catalá dende o local
Guillem Fuster i Usas (Poble Lliure - Catalunya)
Guillem Fuster i Usas, nacido en 1980, actualmente é portavoz nacional de Poble Lliure, e forma parte da súa direción, é membro do Goberno del Consell per la República co exilio. Formado en dinamización lingüística.
Euskal Herria: contruíndo nación desde os concellos
Xabier Lertxundi Asteasuinzarra ( EHBildu, Sortu - Euskal Herria)
Xabier Lertxundi Asteasuinzarra, graduado en pedagoxía e psicopedagoxía, traballou de profesor e educador familiar. É membro do Consello Vasco para a Inclusión Social, membro do Conselo Executivo de EUDEL, concelleiro en Hernani dende 2015 e dende 2019 Alcalde.
19h15 · O local como ámbito de conflito. Desbordar os marcos institucionais
Modera Ximena González, activista feminista, membro da Mesa Nacional do Movemento Arredista, membro do Centro Social A Galleira e do Consello Local do BNG de Ourense.
De resistir a construír: o proxecto da Escola de Ensino en Galego Semente
Marta Santos (Semente - Galiza)
Marta Santos, docente desde fai máis de 20 anos na escola pública e militante do proxecto semente desde os seus inicios. Forma parte da comisión pedagóxica a nivel nacional e é coordinadora pedagóxica de infantil na Semente Compostela. Escolas de Ensino Galego Semente.
Territorio: resistencia fronte ao espolio
Roi Cuba Dorado (ADEGA - Galiza)
Roi Cuba Dorado, nado en 1987 é licenciado en Bioloxía pola Universidade de Vigo, traballou como mestre composteiro en varios concellos da provincia de Pontevedra, participa de diferentes movementos sociais. Dende maio de 2021 é presidente de ADEGA (Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza).
Migracións: desafiar o Estado dende o local
Gian Michele Bosco (Avogado de Mimmo Lucano - Italia)
Gian Michele Bosco, Avogado de Mimmo Lucano alcalde de Riace condeado a 13 anos de prisión por acoller migrantes contra a política do goberno italiano.
Cultura: a forza da organización social
Alfonso Blanco Torrado (Xermolos - Galiza)
Alfonso Blanco Torrado é mestre, dinamizador cultural, escritor e crego. Cofundador e coordenador de Xermolos a asociación que dende 1980 organiza o Festival de Pardiñas.
Centros Sociais: espazos de contrapoder
Bruno Lopes (Fundaçom Artábria - Galiza)