Unha aposta por devolverlle un papel central ao debate político

Logo da nosa Asemblea Nacional Constituínte en febreiro, decidimos desenvolver unha campaña nacional que nos permitise recuperar os actos públicos e o contacto directo coa base social soberanista. A campaña Temos todo por gañar: organicémonos!

Publicado no En Movemento nº1 – Voceiro Nacional do Movemento Arredista.

Logo da nosa Asemblea Nacional Constituínte en febreiro, decidimos desenvolver unha campaña nacional que nos permitise recuperar os actos públicos e o contacto directo con todas as persoas que se interesaron ao longo do proceso que chamamos “Sumarmos forzas pola ruptura”. Quixemos compartir tamén os resultados dos debates e acordos que se deron no marco dese proceso e que nos permitiron constituír o Movemento Arredista. 

Nun momento de especial desmobilización e crise da militancia, que se viron agravadas pola pandemia, tivemos claro que a aposta tiña que ser reivindicar a acción política como unha actividade esencial, tendo a ambición política de articularnos a través de reunións e actos físicos que permitiran o debate e intercambio de ideas cando estas máis falta fan. 

A campaña, que tivo tamén unha parte de axitación con cartelería a faixas penduradas por todo o país, serviu para amosar que, malia a situación sanitaria e a pandemia, a acción política podía desenvolverse con normalidade e seguranza.

Coa inminencia da Asemblea Nacional do BNG e sendo o noso un espazo político que aposta pola fronte patriótica como ferramenta política, estes actos serviron tamén para pulsar a base social nacionalista e abrir espazos que hai tempo se veñen reclamando en que o debate político cobre un papel central.

Os máis de 30 encontros que realizamos nestes meses foron posíbeis grazas ao esforzo e compromiso da nosa militancia e á xenerosidade dos colectivos e entidades que puxeron os espazos á nosa disposición (CIG, BNG, Centros Sociais, Concellos, locais veciñais, culturais e de hostalaría). Os diferentes espazos tamén nos permitiron realizar diferentes tipos de encontros, sempre con vontade de abrir un foro de debate en que expor as nosas ideas, mais sobre todo de recoller as das persoas que nos acompañaron, que nos transmitiron o seu apoio e achegaron as súas reflexións e propostas.

Temos Todo Por Gañar

Destes encontros tiramos algunhas conclusións e ideas que nos parecen de gran valor para os retos que temos por diante.

Constatamos que é imprescindíbel crear máis espazos de debate que nos permitan avanzar cara ao obxectivo estratéxico da República Galega, mais ligándoo coa intervención política do día a día e dos espazos en que traballamos. En particular, cómpre encadrar mellor o traballo institucional nunha estratexia que nos permita facer avanzar a conciencia nacional e transformar a realidade.

Cómpre tamén inverter progresivamente as prioridades da intervención política, pondo en primeiro plano a acción social e o traballo de base, evitando estar condicionados exclusivamente polos calendarios electorais ou as dinámicas das institucións.

A formación ten que voltar ser un eixe central do soberanismo galego; construír espazos de reflexión e aprendizaxe colectiva que nos coloquen na mellor das situacións para levar as ideas á acción.

Debemos reivindicar a independencia como a única vía realista para a ruptura democrática e como ferramenta de transformación social no camiño da construción do socialismo. Vivimos tempos difíciles, mais precisamente por iso debemos ser claras na exposición das nosas ideas para que estas avancen.

Temos que procurar formas de participación en que o compromiso militante sexa compatíbel coa cada vez maior precarización da vida. Moitas das persoas que se achegaron aos actos coincidiron en expresar a necesidade da participación mais a dificuldade que no día a día isto supón. É, sen dubida, un dos retos colectivos que temos por diante.

Sirva esta pequena crónica tamén para agradecer a todas as persoas que se achegaron aos actos, por debater, por implicarse e, en definitiva, por axudarnos a facer país e construír nación.

Comparte:

As últimas entradas

Comunicado fronte á inxerencia imperialista na Venezuela

Fronte á inxerencia imperialista na Venezuela

Desde o Movemento Arredista denunciamos con toda a nosa firmeza máis unha inxerencia do imperialismo o pasado 3 de xaneiro na América Latina co secuestro do presidente da República Bolivariana de Venezuela, Nicolás Maduro, e da expresidenta da Asemblea Nacional, Cilia Flores, e o asasinato de cerca de 80 persoas; 32 delas recoñecidos combatentes das

Venezuela non se rende

Venezuela non se rende

Solidariedade coa Venezuela bolivariana fronte ao imperialismo! Desde o inicio do proceso bolivariano en Venezuela en 1998 con Hugo Chávez á fronte e despois con Nicolás Maduro a partir de 2013, foron múltiples e variados os mecanismos empregados polo imperialismo, cos EUA á cabeza, xunto cos seus axentes internos no país, para agrediren e afogaren

Moncho Reboiras Vive! | Crónica

O Movemento Arredista celebrou este 12 de agosto pola mañá en Imo a figura de Moncho Reboiras no acto conxunto organizado polo 50 cabodano do seu asasinato por parte da policia franquista en Ferrol. Xunto a outras forzas políticas, a CIG, e as fundacións do nacionalismo galego, militantes arredistas acompañaron o numeroso acto no que

Moncho Reboiras vive!

O vindeiro 12 de agosto reivindicaremos o exemplo militante do Moncho Reboiras con 2 homenaxes nacionais polo 50⁰ cabodano do seu asasinato. ➡️ Ás 12:00 participaremos da homenaxe nacional unitaria en Imo. ➡️ Ás 19:00 organizamos unha homenaxe nacional en Vigo, na que participarán: Ademais, contaremos coa actuación musical de Pauliña.