Movemento Arredista 🚩
106 subscribers
560 photos
36 videos
1 file
254 links
Chamamos a afortalar un espazo político desacomplexadamente independentista, que aposte nidiamente polo socialismo e que sexa consecuentemente feminista, apostando na suma de forzas na esquerda soberanista para avanzar no camiño da ruptura democrática.
Download Telegram
🇵🇸 De novo nas rúas en solidariedade co pobo palestino e denunciando o xenocidio sionista.

Palestina vencerá!
👩‍🏫 O profesorado galego foi hoxe á folga para esixir a recuperación dos seus dereitos, recortados pola Xunta e traizoados novamente polos sindicatos vendidos.

📢 A pesar da chuvia, miles de persoas manifestáronse esta maña en Compostela.
🔴 Como organización integrada no BNG, facemos pública a nosa posición ante a investidura no Estado Español.

Por dignidade e coherencia, pensamos que NON debemos apoiar un novo goberno do PSOE.

➡️ O PSOE incumpriu a maior parte do acordo de investidura asinado en 2020 co BNG.

➡️ Este goberno defraudou boa parte das expectativas xeradas e incumpriu as súas promesas en relación á recuperación de dereitos recortados en anteriores lexislaturas.

➡️ En diversas materias houbo retrocesos evidentes mesmo en relación á situación previa.

📢 "A nosa acción institucional debe ser coherente co noso programa electoral, coa caracterización que colectivamente facemos dunha forza como o PSOE e sobre todo co que día a día defendemos nas rúas. Nestes anos, xunto ao noso pobo, manifestámomos en diversas ocasións contra a xestión gubernamental da crise de prezos, contra os recortes das pensións, contra a manutención da Lei Mordaza e a introdución de nova lexislación represiva, contra o espolio eólico, pola paz na Ucrania e contra a escalada militarista, pola descolonización do Sáhara e agora polo fin da complicidade con Israel. Non sería comprensíbel que agora avalásemos co noso voto o mesmo goberno contra o que saímos ás rúas e que non ten ningunha vontade de revertir ou modificar algunha desas políticas."

📃 Le todas as nosas razóns no comunicado:
https://arredista.gal/por-dignidade-e-coherencia-non-debemos-apoiar-un-novo-goberno-do-psoe/
🇵🇸 Ante a intensificación do xenocidio, a solidariedade co pobo palestino e a súa resistencia é máis necesaria que nunca.

📣 Hoxe saímos de novo á rúa: ás 18h desde a Alameda de Compostela.

Do río ao mar, Palestina vencerá!
📢 Onte saímos de novo a rúa en cidades e vilas de todo o país para denunciar o terrorismo de Israel e solidarizarnos coa loita do pobo palestino pola súa liberdade.

📸 Imaxes de Vigo, A Guarda, Ourense, A Coruña, Carballo, Compostela, Allariz, Redondela e Corcubión.

🇵🇸 Do río ao mar, Palestina vencerá!
🇵🇸 Manhá terá lugar umha nova açom solidária com a Palestina, para denunciar o genocídio sionista e a cumplicidade da UE.

▶️ Desta volta será umha mobilizaçom transfronteiriza, com a que por iniciativa do C.S. Fuscalho chamam a unir de maos dadas Goiám e Vila Nova da Cerveira, aos dous lados da raia entre a Galiza e Portugal.

▶️ Mais informaçom no Galiza Livre, que falou com o nosso companheiro Álvaro Lamas: https://www.galizalivre.com/2023/11/15/baixo-minho-prepara-cadeia-humana-pola-palestina-para-o-vindouro-sabado/
Media is too big
VIEW IN TELEGRAM
▶️ Vídeo da intervención da nosa compañeira Noa Presas no Encontro Nacional Aberto do BNG.

🚩 Cos pés na terra e coa mirada no ceo, imos con toda a forza da militancia á batalla electoral do 18-F
🚩 Comunicado do Movemento Arredista ante as eleccións autonómicas do 18 de febreiro:

https://arredista.gal/agora-gobernar-para-transformar-recuperar-dereitos-construir-nacion-avanzar-cara-a-soberania/