O capitalismo é crise e compren medidas urxentes para combatelo!
📢 Limitación dos prezos xa!
Os prezos da luz, do gas, dos carburantes, dos alimentos ou da vivenda seguen a subir, empobrecéndonos día a día.
O goberno español e a Unión Europea antepoñen a “liberdade” do mercado á vida das persoas, e néganse a regular por lei os prezos porque iso limitaría os lucros dos grandes grupos económicos aos que serven.
Cómpre limitar os prezos, combater a especulación e atacar as marxes de beneficio dos grandes capitalistas para poder frear e reverter este saqueo.
▶️ Todas as propostas na nosa web https://arredista.gal/crise
#OcapitalismoÉcrise

📢 Intervención pública na economía, os bens básicos non poden ser un negocio.
O capital lúcrase co acceso a bens e servizos básicos para a vida como a alimentación, a enerxía, a vivenda, a auga ou as telecomunicacións, privilexiando o seu negocio frente ao aceso universal da poboación.
Cómpre que as institucións recuperen para o público os sectores privatizados e que asuman a súa responsabilidade á hora de garantir unha vida digna para todas, que non nos deixe á mercé dos intereses do mercado.

GALEUSCA: pola diversidade lingüística e cultural no âmbito educativo. Declaraçom conjunta das escolas populares de Galiza, Euskalherria e Catalunya.
🗓11 junho
🕦11.30
📌Museu do Povo Galego
- Santi Quiroga, Coordenador Nacional da Escola Nacional Galega Semente.
- Koldo Tellitu. Lehendakari de Ikastolen Elkartea
- Eva Bertrana, Diretora Geral de La Bressola
📎 Programaçom:
Museu do Povo Galego
◽️11.30h Apresentaçom declaraçom conjunta
Moas (Moas de Abaixo, 20)
◽️14.00h Jantar valencià (reservas em compostela@semente.gal)
◽️17.00h Espetáculo com Circus Magnificus
◽️18.30h Palestra e mesa redonda

Hoxe miles de persoas voltamos deixar claro de novo en Compostela que non permitiremos que o negocio eléctrico arrase os nosos montes. Autoorganización popular contra o espolio eólico! ✊
#EólicaAsíNon
#EólicaAsíNon
O capitalismo é crise, compren medidas urxentes para combatelo!
📢 Que a suba de prezos a paguen os ricos: Por únha política fiscal xusta para combater a crise.
Esta crise está a supor novamente unha brutal transferencia de renda das clases populares para o capital.
Cómpre reverter esa tendencia con medidas fiscais que pola vía de novos impostos e a modificación dos mecanismos actuais (que facilitan a evasión de impostos dos que máis teñen) ataquen os obscenos lucros das empresas, garantindo para o público os ingresos necesarios para facer frente a esta situación de emerxencia social.
▶️ Todas as propostas na nosa web https://arredista.gal/crise
#OcapitalismoÉcrise
📢 Que a suba de prezos a paguen os ricos: Por únha política fiscal xusta para combater a crise.
Esta crise está a supor novamente unha brutal transferencia de renda das clases populares para o capital.
Cómpre reverter esa tendencia con medidas fiscais que pola vía de novos impostos e a modificación dos mecanismos actuais (que facilitan a evasión de impostos dos que máis teñen) ataquen os obscenos lucros das empresas, garantindo para o público os ingresos necesarios para facer frente a esta situación de emerxencia social.
▶️ Todas as propostas na nosa web https://arredista.gal/crise
#OcapitalismoÉcrise
💢 O capitalismo é crise
💸 Os prezos soben
A acelerada suba de prezos nos últimos tempos -visíbel en todos os ámbitos- debuxa unha situación de cada vez máis dificultade e empobrecemento para as clases populares.
💰 Os ricos lúcranse
Mentres tanto, os grandes capitalistas seguen a ver como aumentan os seus lucros sen límite, aproveitándose novamente dunha crise que axudaron a provocar.
🛠 O pobo empobrécese
Cómpren medidas urxentes, audaces e valentes: control e limitación de prezos, maior intervención pública, enfrentamento dos grupos económicos, aumento salarial…
🚩 A alternativa que temos por diante non é sinxela máis é a única posíbel: cómpre organizarse en todos os ámbitos, tecer redes de contrapoder e erguer espazos de construción dun mundo diferente ao tempo que cuestionamos o vello: combatemos este réxime e este sistema e situamos o socialismo no horizonte, porque só así poderemos aspirar a unha vida digna.
▶️ Todas as propostas na web https://arredista.gal/crise/

O capitalismo é crise e cómpren medidas urxentes para combatelo!
📢 Aumento real dos salarios, pensións e prestacións sociais, a suba dos prezos empobrécenos cada día!
✊ Nun momento como este é máis urxente que nunca reverter as reformas laborais e de pensións das últimas décadas, que disminuiron progresivamente as rendas do traballo frente ás do capital.
💵 Tamén é urxente vincular todos os salarios, pensións e prestacións a, como mínimo, o aumento dos prezos para garantir que non nos empobrezamos ainda máis.
▶️ Todas as propostas na web https://arredista.gal/crise/
#OcapitalismoÉcrise
📢 Aumento real dos salarios, pensións e prestacións sociais, a suba dos prezos empobrécenos cada día!
✊ Nun momento como este é máis urxente que nunca reverter as reformas laborais e de pensións das últimas décadas, que disminuiron progresivamente as rendas do traballo frente ás do capital.
💵 Tamén é urxente vincular todos os salarios, pensións e prestacións a, como mínimo, o aumento dos prezos para garantir que non nos empobrezamos ainda máis.
▶️ Todas as propostas na web https://arredista.gal/crise/
#OcapitalismoÉcrise
📢 O domingo 19 de xuño ás 12h a Asociación Pola Defensa da Ría convoca unha Marcha contra Celulosas, con saída das alamedas de Marín e Pontevedra.
✊ Froito da mobilización social a saída de ENCE da ría está cada vez máis perto, agora toca loitar para que a ría e a comarca enteira sexa quen de recuperar o seu medio de vida, a saúde e a calidade de vida.
#PorqueéDeXustiza
#EnceFóraDaRía

O capitalismo é crise e compren medidas urxentes para combatelo.
📢 Redución dos gastos militares, chega de alimentar a guerra mentres o pobo se empobrece!
Os mesmos que negan recursos para paliar a crise que estamos a sofrer seguen a gastar miles de millóns en armamento e a incrementar máis que nunca o gasto militar.
Ao mesmo tempo, comprobamos que medidas que sempre se nos venden como imposíbeis, como as expropiacións de bens, activos e empresas, pasan a ser facilmente factíbeis cando se trata de intervir nos conflitos imperialistas.
Nunha situación como esta é ainda máis inadmisíbel seguir a alimentar a maquinaria bélica do imperialismo en lugar de apostar pola paz e a saída negociada dos conflitos, redirixindo os gastos militares para necesidades sociais.
Todas as propostas na nosa web ▶️ https://arredista.gal/crise/

Este domingo 19 #ContraCimeira galega da PLataforma Galega Contra a OTAN en Compostela. Unha xornada sobre a #OTAN e o seu papel como ferramenta do imperialismo.
📣 Contra o imperialismo, pola paz e a soberanía dos pobos!
https://galizacontraaotan.gal/

O capitalismo é crise e compren medidas estratéxicas para rachar coas imposicións do sistema.
📢 Queremos decidir nós sobre a nosa economía e recursos, precisamos soberanía para enfrontar a crise
⛓ Galiza non conta con ferramentas reais para deseñar unha política económica ao servizo da maioría social. Madrid e Bruxelas dictan os límites do que é posíbel, sempre dentro das estreitas marxes da orde neoliberal deseñada pola oligarquía.
✊ Se non conquistamos um marco político plenamente soberano, calquer lexislación avanzada aprobada no ámbito galego será tumbada polos tribunais españois ou vetada polas institucións alleas que hoxe deciden por nós.
▶️ Máis propostas na web https://arredista.gal/crise/

O capitalismo é crise e compren propostas estratéxicas para combatelo.
📢 Desobedecer os ditados neoliberais, as institucións europeas están ao servizo do grande capital.
💢 Como se comprobou hai uns anos en Grecia, calquer intento de mudanza das principais liñas económicas no marco da UE e o Euro estará sometido ás presións e chantaxes dunhas institucións continentais surxidas ao servizo do gran capital.
⛔️ Calquer mudanza do rumo económico que saia da ortodoxia neoliberal debe contemplar un plan definido para confrontar e desobedecer as imposicións da UE, que aproveita o control da política monetaria para impor as súas políticas contra o pobo.
Máis propostas ▶️ https://arredista.gal/crise/
#ocapitalismoécrise

#ocapitalismoécrise e compren propostas estratéxicas para combatelo
📢 Cuestionemos o pagamento da débeda ilexítima: para facer políticas sociais, precisamos saír do ciclo dunha débeda impagábel!
💰 A débeda pública foi xerada na súa maior parte en función dos intereses das grandes empresas e non dos pobos, e é hoxe un dos principais condicionantes que impiden facer políticas en favor da maioría.
⛓ É utilizada para impor políticas de contención de gasto, privilexiando o seu pagamento frente á satisfación das necesidades sociais, como se constatou coa última reforma constitucional.
✊ É urxente cuestionar a súa lexitimidade e sair do círculo vicioso que nos impón o pagamento desta débeda inxusta.

📢 Columna galega na mobilización que terá lugar este domingo 26 de xuño en Madrid contra o Cumio da OTAN e que reunirá a colectivos e persoas de toda europa.
Anótate 👉 https://galizacontraaotan.gal/columna-a-madrid/

📢 Ruptura democrática e proceso constituínte.
O réxime español do 78 está construido á medida da oligarquía que nos explota. Sen superalo, non é posíbel construírmos unha sociedade diferente
⛓️ Cando falamos do necesario reparto da riqueza, da democratización da economía ou dunha mudanza radical de políticas en favor do ben común, somos conscientes de que nada diso é concretizábel sen racharmos de vez co actual réxime político surxido da “transición”.
🚩 Iso pasa por seguir a acumular forzas contra os cadeados que nos impoñen, por unha ruptura democrática co Estado Español e a Unión Europea, cos réximes e institucións que que foron creados para perpetuar o actual modelo de espolio dos pobos e que non son reformábeis.
✊ Só así poderemos abrir camiño a un Proceso Constituínte no que crear institucións realmente democráticas ao servizo da maioría social.
https://arredista.gal/crise/