Movemento Arredista 🚩
103 subscribers
537 photos
35 videos
1 file
245 links
Chamamos a afortalar un espazo político desacomplexadamente independentista, que aposte nidiamente polo socialismo e que sexa consecuentemente feminista, apostando na suma de forzas na esquerda soberanista para avanzar no camiño da ruptura democrática.
Download Telegram
Loita Obreira! Contra o capital e os gobernos ao seu servizo! 🚩

O camiño que defendemos non é sinxelo máis é a único posíbel: cómpre rachar coa retórica desmobilizadora do “pacto social” e seguir impulsando a loita obreira e popular para recuperar dereitos, organizarnos en todos os ámbitos, tecer redes de contrapoder e erguer espazos de construción dun mundo diferente ao tempo que cuestionamos o vello: combatemos o réxime español e a UE e situamos o socialismo no horizonte , porque só así poderemos aspirar a unha vida digna.

Hoxe todas á rúa coa CIG 📢
Miles de traballadoras galegas enchemos hoxe as rúas da Galiza coa CIG para reclamar e defender os nosos dereitos. 🚩
Xerais 2023

Entrevista á compañeira Noa Presas que encabeza a candidatura do BNG ao Congreso por Ourense.

""O voto ao BNG o 23 de xullo vale dobre, serve para frear a dereita e garantir avances sociais e para defender Galiza. O BNG sempre actuou para desprazar a dereita ou para evitar o seu avance. (...) No conxunto do Estado somos as forzas soberanistas as que estamos facendo de freo á extrema dereita.""

Entrevista completa: https://www.nosdiario.gal/articulo/politica/voto-ao-bng-23-x-vale-dobre-frear-dereita-defender-galiza/20230710220449172947.html

+ información das propostas do BNG https://xerais2023.bng.gal/
Media is too big
VIEW IN TELEGRAM
Compromiso militante, defensa dos dereitos da traballadoras e aposta firme na independencia e o socialismo, a compañeira Noa Presas pode ser este 23X a voz e a forza do soberanismo no Congreso das Deputadas.

#QueOurenseConte #QueGalizaConte
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
A clase traballadora cada día ten máis dificuldades para afrontar os ataques do capital. Precisamos un soberanismo forte na rúa e nas institucións. Este 23X #VotaBNG para contarmos cunha voz máis forte coa que defender a soberanía nacional e os dereitos das traballadoras.


#ConMáisForza #GalizaConMáisForza #QueGalizaConte #EnGalizaBNG #BNG2x1 #Ourense #VotaBNG
Sexa cal for o resultado electoral, debemos seguir cada día avanzando na organización e na mobilización popular para facer frente ao avance fascista e ao conxunto do réxime que nos nega como pobo.

Non é tempo de dar pasos atrás, senón de erguer con máis forza que nunca as nosas bandeiras, as únicas que poden garantir unha mudanza social digna de tal nome.

Neste 25 de xullo reivindicaremos con forza, frente aos cíclicos cantos de serea de reformas imposíbeis, unha verdadeira RUPTURA DEMOCRÁTICA que supere a herdanza corrupta e oligárquica da monarquía postfranquista.

Seguimos a soster a bandeira da defensa dun PROCESO CONSTITUÍNTE para que o noso pobo poda decidilo todo e mudalo todo, sen máis límite que a súa vontade soberana.

E avanzamos co horizonte da REPÚBLICA GALEGA independente, o único que pode garantir-lle un futuro á nosa nación en pé de igualdade con todos os pobos do mundo, e abrir un camiño de superación dun capitalismo cada vez máis explotador e opresivo.
Hoxe en Sanxenxo, contra a monarquía corrupta española e pola República Galega.

Galiza non ten rei!
Como cada ano, o 12 de agosto renderemos homenaxe a Moncho Reboiras, que levou o seu compromiso co noso pobo e a nosa clase até as últimas consecuencias.

Será a partir das 13h no cemiterio de Imo. Nos próximos días anunciaremos o programa completo.

A loita continúa!
📢 O sábado estaremos en Imo, homenaxeando o exemplo militante de Reboiras no cemiterio onde repousan os seus restos.

Falarán Xoan Bautista, Nazaré Estévez e David Soto, e contaremos para amenizar o acto coa poesía de Álex López e a música de Alba María.

Non faltedes!
▶️ Xa podes ver e escoitar a intervención do compañeiro David Soto na nosa homenaxe a Moncho Reboiras, na que reivindicou o seu exemplo para pór en valor a necesidade da autoorganización popular en todos os ámbitos.

A loita continúa! 🚩

https://www.youtube.com/watch?v=0_9_8e_fHiA
A nossa organizaçom juvenil, @iscagz, organiza manhá 27 de setembro em Compostela umha interessante jornada formativa sobre feminismo e luita LGTB.

Será a partir das 19:30h CSO Escárnio e Maldizer

#AprenderSempre