Movemento Arredista 🚩
108 subscribers
518 photos
33 videos
1 file
239 links
Chamamos a afortalar un espazo político desacomplexadamente independentista, que aposte nidiamente polo socialismo e que sexa consecuentemente feminista, apostando na suma de forzas na esquerda soberanista para avanzar no camiño da ruptura democrática.
Download Telegram
📢Mobilización das traballadoras para defenderse ante os despedimentos en Froiz.

A CIG vén de pór en marcha unha campaña de denuncia pública diante dunhas prácticas que afectan maioritariamente a mulleres, co obxectivo de que a empresa mude de inmediato a súa actitude, cumpra coa lexislación vixente en materia de prevención de riscos e respecte a lexislación laboral.

+información https://cig.gal/nova/a-seccion-sindical-da-cig-no-comite-de-froiz-denucia-despedimentos-de-traballadoras-enfermas.html
Media is too big
VIEW IN TELEGRAM
📢 O compañeiro Álvaro Lamas, médico e integrante de SOS Sanidade Pública, chama a participar na mobilización deste domingo 12 de febreiro en Compostela en defensa da sanidade, especialmente da Atención Primaria.

🏨 O dereito á saúde é un dereito de todas e temos que defendelo fronte aos mercados e á especulación!

#SanidadePública
🩺 Mobilización das veciñas do Val de Monterrei en defensa da sanidade pública. Verín continúa coas mobilizacións para reclamar que se cubran as tres prazas de pediatría do seu Centro de Saúde.

Contra a política de demolición da Xunta, un país mobilizado para reclamar os seus dereitos. Hoxe foi Verín, mañá todas a Compostela!

#Verin #verinnonsepecha #sanidadepública #AtenciónPrimaria #SosSanidade
📢 Miles de persoas ateigan as rúas de Compostela en defensa da Sanidade Pública e contra as políticas de demolición do Partido Popular.

Unha mobilización histórica para defender que á saúde é un dereito, non un negocio.

#sanidadepública #atenciónprimaria #SosSanidade
📢 Continúan as mobilizacións no metal de Ourense contra os abusos da patronal. Este xoves 23 de febreiro protestas en #Megatech polo despido represivo de dous traballadores.

➡️ Concentraciónn de 13:00 a 15:00h diante das instalacións da empresa no polígono de Pereiro de Aguiar

Máis información na web da Confederación Intersindical Galega - CIG
https://www.cig.gal/nova/o-comite-de-empresa-de-megatech-en-ourense-convoca-protestas-contra-o-despido-represivo-de-dous-traballadores.html
✋🏻 #AsPensionsNonSeTocan - ⛔️Non á nova reforma das pensións!

⚠️ Ampliar o período de cálculo de 25 a 30 anos suporía un novo recorte nas contías
💰 Esta reforma súmase ás anteriores para beneficiar o grande capital

https://youtu.be/H6u_9I_fnc8

📢 Goberne quen goberne, as pensións deféndense!

ℹ️ +INFO: cig.gal/aspensionsnonsetocan
ANÁLISE | A pobreza na Galiza ten cara de muller traballadora

✍️ Partillamos o artigo da compañeira Ximena González

🗣️"Ás portas dun novo 8-M, motivos para reivindicar e loitar polos dereitos das traballadoras galegas hai de sobra"

https://www.nosdiario.gal/articulo/traballo/pobreza-galiza-ten-cara-muller-traballadora/20230301153321163431.html
Este domingo 5 de marzo homenaxe en Vigo a Hugo Chávez no 10 aniversario do seu pasamento.

Galiza lembra a Chávez e á súa figura chave na América do Sul e no mundo no combate do imperialismo e na reivindicación da soberanía e a construción do socialismo.
8M O feminismo galego de clase mobilízase en todo o país nunha nova xornada de loita.
Pola manhá a CIG convoca 12 mobilizacións.
➡️ https://www.cig.gal/nova/delegadas-da-cig-mobilizaranse-este-8m-baixo-o-lema-a-crise-non-a-imos-pagar-as-traballadoras.html
Pola tarde a Marcha Mundial das Mulleres e outros colectivos feministas convocan en máis de 20 localidades.
➡️ http://feminismo.info/feminismo/blog/8m-servizos-publicos-para-mellorar-a-vida-das-mulleres/

Este 8M todas á rúa!
📢 10 de marzo, día da Clase Obreira Galega

Este ano 2023 a CIG chama a facer do 10 de marzo unha xornada de mobilización en todas as comarcas de Galiza ante as amezas que temos por diante e ante a necesidade de continuar na resposta fronte a grave crise actual.

As pensións non se tocan!
Coa CIG na rúa a loita continúa!
📢 Este sábado mobilizámonos na Coruña pola defensa da pesca e dos ecosistemas mariños fronte a eólica mariña.

Contra o espolio enerxético e o modelo depredador do capital que provoca un impacto ambiental e social enormes nos territorios.

Eólica Así Non, nen en terra nen en mar!

#galizalibredeeolicamariña
📢 Continúan as mobilizacións para reclamar uns medios públicos plurais, libres de manipulación e represión.

🚨Ante os ataques ás profesionais e ao servizo público que non cesan na CRTVG convocan a mobilizarse este xoves ás 11:30 h en S. Caetano

#rescataraCRTVG
💢 O goberno PSOE-UP prepara unha reforma das #pensións lesiva para a clase traballadora!

A CIG desmonta a propaganda do goberno "progresista" e chama a mobilizarse nas rúas para frear a reforma.

#aspensionsnonsetocan

Máis información: https://www.cig.gal/nova/a-cig-rexeita-unha-reforma-das-pensions-regresiva-que-afonda-na-privatizacion-do-sistema-publico.html

Valoración da reforma: https://cig.gal/documento/valoracion-reforma-das-pensions-2023.html