Perante a

XVIII Asemblea Nacional do BNG

Comparte

Organización · Debate · Pluralismo · Esquerda · Soberanismo

O BNG en movemento

O debate fainos fortes

A diversidade e o pluralismo son fortalezas do BNG. O Movemento Arredista defende o debate e a participación plural como ferramentas para consolidar unha organización cohesionada e democrática.

Firmeza no discurso

Defendemos un dicurso soberanista sen complexos, un feminismo galego, un municipalismo transformador e unha aposta polos intereses da clase traballadora. Estas prioridades son claves para o BNG.

Lealdade e crítica

Expresar diferenzas de forma construtiva reflicte un compromiso coa saúde democrática. Apostamos por un clima de debate que fomente consensos e fortaleza a unidade sen renunciar aos principios.

Comunicado 1

Impulsamos a Candidatura O BNG en Movemento á XVIII Asemblea do Nacional do BNG, encabezada por Noa Presas.

Comunicado 2

O BNG en Movemento, unha aposta para a XVIII desde o Movemento Arredista

Candidatura ao Consello Nacional

Impulsamos a Candidatura O BNG en Movemento á XVIII Asemblea do Nacional do BNG, encabezada por Noa Presas.

Desde a normalidade da pluralidade e do frontismo, a nosa intención é achegar debates e propostas e dar á militancia a posibilidade de escoller esta opción para os órganos nacionais do BNG.

Coa esta candidatura, integrada por militantes do Movemento Arredista e outras compañeiras independentes, socializamos as nosas apostas para lograr un BNG máis forte, con máis organización, máis debate, máis pluralismo, máis esquerda e máis soberanismo!

Reproducir vídeo