Conta o pacto social. Viva a loita da clase obreira

Como en todas as crises, o capital -coa necesaria colaboración dos gobernos ao seu servizo- prepara xa unha nova ofensiva contra os dereitos da maioría, co fin de garantir que os seus lucros non se reduzan ou mesmo que aumenten a custa de empobrecernos a nós.

A pandemia, convertida de inmediato en crise social e económica, mostrou ás claras as costuras dun sistema que pon a acumulación e o lucro por diante da vida das persoas. Por desgraza, sobran exemplos disto durante o último ano, sendo un dos máis sangrantes o infame negocio articulado arredor das vacinas. Non pode ser que, no contexto dunha pandemia global, os intereses privados primen sobre sobre o acceso da maioría da poboación á inmunización contra o virus.

Como en todas as crises, o capital -coa necesaria colaboración dos gobernos ao seu servizo- prepara xa unha nova ofensiva contra os dereitos da maioría, co fin de garantir que os seus lucros non se reduzan ou mesmo que aumenten a custa de empobrecernos a nós.

Como denuncia reiteradamente a CIG, a xestión laboral e económica do goberno central, fundamentada no consenso entre os “axentes sociais” (patronal e sindicatos españois), non fixo máis que priorizar os intereses do empresariado, destinando inxentes fondos públicos mentres se desprotexía a saúde, a estabilidade e os dereitos de millóns de traballadoras e traballadores.

Como en todas as crises, o capital -coa necesaria colaboración dos gobernos ao seu servizo- prepara xa unha nova ofensiva contra os dereitos da maioría, co fin de garantir que os seus lucros non se reduzan ou mesmo que aumenten a custa de empobrecernos a nós.

A xestión da pandemia demostrou tamén as consecuencias da nosa falta de soberanía e a fraxilidade desta “autonomía”, amosando a facilidade coa que o estado pode centralizar aínda máis o poder en calquera momento. Coa colaboración de Feijóo, que preferiu ceder capacidade de decisión a Madrid para non asumir os custes políticos das medidas máis duras, a xestión centralista e de aposta por medidas restrictivas e a imposición do recorte de liberdades impuxéronse ao investimento en sanidade e protección da poboación.

Agora, os anunciados fondos europeos destinados á suposta recuperación e reactivación económica irán novamente destinados a enriquecer as grandes empresas da oligarquía española. Ademais, sabemos xa que a condicionalidade deses fondos esixe novamente reformas na liña neoliberal imposta pola Unión Europea. Os recortes nas pensións que xa defendou o ministro anticipan novas medidas para reducir dereitos e precarizar ainda máis o traballo.

Nun momento en que se acelera o desmantelamento industrial e a liquidación dos sectores produtivos do noso país, estase a aproveitar a conxuntura para promover ainda máis polos gobernos un modelo colonial e espoliador disfrazado de cambio “verde”. Galiza vive unha nova ofensiva, fundamentalmente por parte de grandes enerxéticas e fondos de investimento foráneos, para explotar aínda máis os nosos recursos naturais, sen que Galiza obteña nada a cambio e co risco de danos irreversíbeis que van na liña contraria do que precisa a loita contra a crise climática.

A realidade é crúa mais non debemos ocultala: desta crise non imos saír con “grandes acordos” coa dereita ou co capital, e non temos nada que gañar na dinámica ilusoria do pacto social. Como en toda a historia, os avances ou retrocesos que consigamos dependerán da correlación de forzas na dinámica sempre vixente da loita de clases. Canta máis organización, conciencia e mobilización, máis posibilidades teremos de derrotar os plans dos capitalistas. Pasemos á ofensiva para gañar novos dereitos e abanear os alicerces deste sistema criminal e dun réxime cada vez máis corrupto e represivo.

Non temos nada que gañar na dinámica ilusoria do pacto social. Como en toda a historia, os avances ou retrocesos que consigamos dependerán da correlación de forzas na dinámica sempre vixente da loita de clases

Xogámonos, como pobo e como clase, preservar as nosas vidas fronte á lóxica da acumulación e a devastación capitalista.

Viva a loita da clase obreira!

Comparte:

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on telegram

As últimas entradas

Por dignidade e coherencia, non debemos apoiar un novo goberno do PSOE

Para comezar sequera a falar de novos acordos ou posíbeis apoios a un goberno estatal, o mínimo esixíbel -por unha cuestión de dignidade política non só como organización senón como pobo- sería o cumprimento íntegro do xa asinado no seu día e a reversión dos recortes, medidas antipopulares ou retrocesos da última lexislatura. 

Sobre a situación en Palestina

O Movemento Arredista, fiel aos seus principios de solidariedade internacionalista e loita contra toda forma de opresión, desexa expresar a súa posición fronte aos acontecementos recentes en Palestina. Historia e contexto: Non se pode comprender a situación actual sen recoñecer a historia de desprazamento e opresión que sufre o pobo palestino desde hai máis de

[Dia da Patria 2023] Ergamos as nosas bandeiras

Este Día da Patria celébrase nunha conxuntura marcada por un contexto económico cada vez máis complicado para a maioría social e polo resultado das eleccións españolas. Ambos factores, ligados entre si, debuxan un panorama difícil ante ao que deberemos saber responder como movemento político, analizándoo acaídamente e con respostas á altura das necesidades do noso