AGORA, GOBERNAR PARA TRANSFORMAR: Recuperar dereitos, construír nación, avanzar cara á soberanía
Sempre entendemos a acción institucional como un medio e non como un fin en si mesmo. Da mesma forma encaramos tamén estas eleccións e a posibilidade de gobernar a Xunta: conscientes da importancia que implicaría ese paso como un máis no camiño aos nosos obxectivos, mais tamén de que as dificultades e retos que afrontaremos serán enormes.










